El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

As mellores instantáneas de Gervasio Sánchez

ECG   | 05.10.2017 
A- A+

AFUNDACIÓN Afundación presenta esta mañá, ás 11.00 horas na súa sede de Santiago de Compostela (rúa do Vilar, 19), a exposición Vida, obra do fotoxornalista gañador do Premio Nacional de Fotografía 2009, Gervasio Sánchez. Trátase dunha selección de 68 fotografías, a maioría delas inéditas, que amosan o triunfo da vida sobre a traxedia da guerra e a violencia e que permanecerá exposta ata o 7 de xaneiro. No acto participarán o propio autor da obra; o comisario da exposición, Gerardo Mosquera; e a coordinadora adxunta da Área de Cultura de Afundación, Paloma Vela. Tamén asistirán un grupo de 30 estudantes do Ciclo Formativo de Fotografía da Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo. Poderase visitar a partir das 20.00 h.