Martes 09.02.2010
|
Actualizado 18.30
Hemeroteca web
|
RSS
![]() |
| Santiago Jaureguizar, esquerda, Socorro Cea e Manuel Bragado, onte |
Cea amosou a súa preocupación pola "diminución de exemplares escritos en galego". E é por iso que "existe o Premio de novela Terra de Melide, que permite que cada ano saia unha nova obra publicada no noso castigado idioma. Somos moitos os que non queremos perder a nosa lingua, un dos nosos sinais de identidade, e o Concello trata de poñer o seu baguiño cun premio coma este", afirmou.
Pola súa parte, Manuel Bragado definiu a Santiago Jaureguizar coma "un dos escritores máis prolíficos do noso catálogo", ao tempo que amousou a súa satisfacción por "presentar un novo Premio Terra de Melide, co que levamos colaborando xa tres anos coa publicación das obras gañadoras". Asemade, o director de Xerais destacou que "é importante que os Concellos organicen este tipo de certames apoiando a creación literaria, e fomentando a lectura en galego, o que nos leva a falar da nosa lingua propia".
En canto aos contidos da novela, o propio autor indicou que "ésta é unha historia de monicreques, limóns e moitos, moitos soños". A historia parte do achádego do manuscrito orixinal do Hamlet de Shakespeare. Ricardo, o protagonista da obra, é un militar, cun alto nivel cultural, ao que lle encanta o teatro, especialmente o deste escritor inglés.
"A acción desenvólvese no soto dun pazo, onde Ricardo fai as súas representacións teatrais con títeres", explicou. A partir de aí os soños con limóns e a imposibilidade de enfrontarse ao mundo real centran o fío da obra.
Arrancou a Mostra de Curtas noiesa
O filme Sueño imperfecto, de Toño Chouza, de Boiro, logrou o premio da mellor película comarcal na décima edición da Mostra de Curtas Vila de Noia, que arrancou este venres pola noite con unha asistencia de 150 persoas. O galardón estaba dotado con trescentos euros máis trofeo e a posibilidade de concursar dentro do apartado de vídeos. Nesta ocasión se rendirá unha homenaxe (o vindeiro xoves) ao cineasta Claudio Guerín Hill, que morreu cando rodaba en Noia La campana del infierno. Hoxe continuará a proxección das curtas que compiten en vídeo. Para o vindeiro fin de semana queda o prato forte, o pase dos filmes en 35 milímetros, así coma o acto de clausura e a entrega de premios .
O espectáculo, a temática base
O espectáculo é un dos temas máis recorrentes na literatura de Santiago Jaureguizar, que conta con numerosos galardóns e recoñecementos, entre os que se atopa, precisamente, o Terra de Melide. Tamén en O globo de Shakespeare ten especial protagonismo a figura de Ricardo .