El Correo Gallego

Santiago » El tiempo

convivencia

O colexio Peleteiro participa nun plan de mediación virtual

Foi elixido, con outros tres españois, para o proxecto europeo avatar@school

REDACCIÓN   | 31.10.2008 
A- A+

O colexio santiagués Manuel Peleteiroa foi elixido para participar nun proxecto europeo de mediación na escola, un roleplay virtual que os enfrontará a situacións de conflito entre adolescentes de calquera lugar do mundo. Desde hai ano e medio, profesionais de Reito Unido, Italia, Alemaña, España e Romanía estiveron desenvolvendo un proxecto de mediación entre iguais nun contorno virtual en 3D, cofinanciado pola comisión Europea a través do plan Minerva. En España participan catro colexios de Cataluña, Madrid, País Vasco e Galicia, que leva ó Colexio Manuel Peleteiro, que executará o proxecto da man da Asociación Profesional Galega para a Medianción e a Igualdade de Xénero (Agamix).

Este proxecto, chamado avatar@school, pretende, a través da representación de xogos de rol virtuais, que adolescentes de Europa e outros lugares do mundo poidan cooperar para afrontar problemas de convivencia e integración que se producen nas escolas. Os xogos de rol virtuais de avatar@school permitirán introducir a mediación entre iguais como unha vía para evitar a violencia xuvenil e fomentar a coexistencia pacífica nas escolas. Así, mediante estes role-plays, os alumnos poderán interactuar en conflitos de calquera lugar do planeta. Os alumnos e 4º da ESO do Peleteiro intervirán no role-play virtual o 13 de novembro. Representarase un típico conflito escolar e os xogadores tentarán atopar solucións.