Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google
El Correo Gallego

Domingo 01.08.2010  | Actualizado 02.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Galicia » Galicia ambiental| noticias@galiciaambiental.org
Randstad Soluciones

Galicia natural

Sobreirais do Arnego, o encanto dun curso fluvial

30.07.2010 Este Lugar de Importancia Comunitaria está situado na parte centrooeste de Galicia e abrangue os concellos de Agolada, Lalín e Vila de Cruces, todos eles pertencentes á comarca do Deza, na provincia de Pontevedra

GALICIA NATURAL

Enciña da Lastra, o bosque mediterráneo de Galicia

16.07.2010 Este espazo natural galego, declarado Parque Natural o 4 de abril do ano 2002, está situado no noreste da provincia de Ourense, na comarca de Valdeorras, lindando coa do Bierzo, xa na provincia de León. A Serra de Enciña da Lastra pertence ó concello ourensán de Rubiá e atópase preto das localidades de O Barco de Valdeorras (Ourense) e de Ponferrada (León). Conta ademais con outras figuras de protección como as de Zona de Especial Protección dos Valores Naturais, Zona de Especial Protección para as Aves e foi Zona proposta como Lugar de Importancia Comunitaria

Galicia Natural

O Monte Aloia, reserva natural para os anfibios galegos

09.07.2010 O Monte Aloia, situado na parte sudoeste da provincia de Pontevedra, na comarca do Baixo Miño, forma parte da Serra do Galiñeiro e enmárcase na súa totalidade no concello de Tui, fronteirizo con Portugal. Foi declarado no ano 1978 Parque Natural, convertíndose no primeiro de Galicia, e conta ademais con outras figuras de protección como a de Lugar de Importancia comunitaria (LIC) e Zona de Especial Protección dos Valores Naturais

Galicia Natural

Pena Trevinca, o pico máis alto de Galicia

02.07.2010 O Macizo de Pena Trevinca, situado no sudeste da provincia de Ourense, alberga o pico máis alto de toda a comunidade e que recibe o mesmo nome

Galicia Natural

A Illa de Ons, mesturamáxica de terra e mar

25.06.2010 A Illa de Ons, que ten unhas dimensión de 470 ha. terrestres e 2.171 ha. mariñas, está situada fronte á boca da ría de Pontevedra e forma parte do arquipélago situado nas Rías Baixas, formado por Cíes, Ons, Cortegada e Sálvora, que no mes de xullo do ano 2002 foi declarado Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia

Galicia Natural

A Serra do Invernadeiro, un tesouro ecolóxico

11.06.2010 A Serra do Invernadeiro é unha área montañosa situada no centro da provincia ourensana e que forma parte do Macizo Central Ourensán, enmarcada no concello de Vilariño de Conso, na comarca de Viana, e lindando coas de Terra de Trives e Verín. Foi declarado Parque Natural o 5 de xuño de 1997 e conta ademais con outras figuras de protección xa que é Zona de Especial Protección dos Valores Naturais e Lugar de Importancia Comunitaria. As localidades de referencia para a zona son Laza, Verín e Vilariño de Conso.

Galicia Natural

A Serra da Capelada, os acantilados máis altos da Península

04.06.2010 A Serra da Capelada, que comprende a franxa costeira que se extende entre a ría de Cedeira e a de Ortigueira está situada no norte da provincia de A Coruña, abarca uns 32 km de fronte e conta coa protección específica dos Lugares de Interese Comunitario (LIC)

Y además...

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS