Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Miércoles 22.05.2013  | Actualizado 14.54 Hemeroteca web  |  RSS   RSS

Noticia 1 de 1

centrarase no seu labor no Concello de Vigo

A socialista Carmela Silva renuncia como deputada ao Congreso

VIGO. EP  | 09.07.2012 
A- A+

A primeira tenente de alcalde de Vigo, Carmela Silva, renunciou como deputada pola provincia de Pontevedra ao Congreso para centrarse no seu labor no Concello olívico.

Fontes municipais confirmaron a Europa Press que Silva remitiu unha carta ao secretario de Organización do PSOE, Óscar López, na que comunicaba a súa decisión de renunciar ao Congreso para seguir o seu traballo na política municipal.

Deste modo, a tamén edil de Urbanismo de Vigo cumpre o precepto dun "militante, un cargo" que impide acumular postos, como lle pediron en reiteradas ocasións dende a dirección galega do partido.

De feito, a finais de xuño a Permanente da Comisión Executiva Nacional Galega do PSdeG decidiu instar a dirección do partido a abrir un expediente á concelleira viguesa por incumprir a norma de incompatibilidades defendida polo líder dos socialistas galegos, Pachi Vázquez.

Ademais, non só se propoñía á dirección do partido a apertura dun expediente a Silva por "unha falta moi grave", senón que se esixía á Executiva Federal que tamén estudase unha posible sanción a Silva á vista do seu comportamento.

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorreogallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS