Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Viernes 24.05.2013  | Actualizado 12.29 Hemeroteca web  |  RSS   RSS

Noticia 1 de 1

ardentía

Defraudadores e economía somerxida

MANUEL DOURADO DEIRA  | 21.07.2012 
A- A+

Xa me referín a este tema reiteradas veces. A última, o 21-4-12, en Galicia Hoxe, por suposto.    O artigo titulábase Outras vías para saír da Traxedia da Crise. Os datos en que me baseei proviñan dun Estudio do Instituto Tax Reaseahc, do Reino Unido que cifra en 212.125 millóns da € de economía somerxida, que supón o 25 % do PIB da economía de España e deixa de ingresar 74032 millóns de € por ano Así o acredita o citado Instituto a petición do grupo dos socialistas e demócratas do Parlamento Europeo. Entón, pregúntábame: ¿Por que o Goberno non ataca este capítulo, entre outros, para minorar o déficit que temos, no canto de cargar nos máis débiles paganos de sempre ese nefasto prorrateo que nos leva a miles e miles de familias á miseria e a indixencia? Non o comprendo

¿Que hai detrás desta indecisión? Porque me imaxino que non se pode achacar a ignorancia, porque entón, había que poñer en dúbida unha mínima aptitude para gobernar. Pero non llo están a suxerir por todas partes? Pois, pese a iso, seguen erre que erre co que lle ordena Bruxelas, outras nacións europeas están crecendo. ¿Por que non se arbitra un harmónico equilibrio entre o déficit e o investimento, anque este sexa moito menor?

Nestes momentos, teño as miñas dúbidas para dar unha resposta a esas cuestións. Pero sospeito que o partido gobernante, se adoptara esa política, ía poñer ao descuberto, moi probablemente, moitos trapos sucios en sectores e persoas do seu propio partido. Lin nalgún titular de prensa isto: “os que se consideraban políticos intachables, puros e in contaminados están agora camiño de prisión”. E iso retrae ao partido gobernante, supostamente, para aceptar esa vía de salvación para saír desta maldita crise que está enervandon en exceso á poboación se persisten na vía dos recortes soamente. Porque se descobre outro Gürtel ou cousa similar no partido, que xa non goza de moita credibilidade, ¿que pasaría?. Non quero nin pensalo E. Ninguén cre xa no Goberno e, o peor, nin confía no noso país, porque os nosos dirixentes, sexa a nivel da administración central, autonómico ou local, estamos todos na encambada da desconfianza, especialmente en Europa e, se isto acontece a nivel da suposta UE, ¿van pensar de nós noutras latitudes do mundo se Europa debería ser un referente para este mundo en crise, especialmente de valores?

Por iso, España ferve en descontento, protestas e folgas e ven a ser coma un polvorín en perigo de explosión. A situación social é preocupante. E tamén temos que comprender que a situación do Goberno de quenda é tamén dramática, porque, neste clima de irritación xeral, non é nada doado atinar con la vía idónea para evitalo. A cidadanía tamén o temos que comprender e tratar de poñer de parte de cada un todo o que poidamos para axudar a resolvela; pero, claro, hai cousa elmentalmente básicas das que non podemos prescindir: Educación, sanidade básica, e servicios sociais imprescindibles, porque son elementos básicos de supervivencia.

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorreogallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS