El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Deportes | deportes@elcorreogallego.es  |   RSS - Deportes RSS

Historias dunha lesión

David Palmas, xogador do Santiago Futsal - FOTO: Captura de pantalla Correo TV
David Palmas, xogador do Santiago Futsal - FOTO: Captura de pantalla Correo TV

SILVIA CASTIÑEIRAS. CORREO TV  | 17.10.2016 
A- A+

É algo que os deportistas de alto nivel saben que pode pasar. Iso sí, cando pasa hai que armarse de valor e paciencia. As lesións non son prato de bo gusto para ninguén e menos para quen vive de saltar a campos ou pistas e basean o seu día a día niso. En Santiago atopamos a historia de tres composteláns. Son tres historias diferentes, en distintas disciplinas deportivas, pero con moito en común: os tres tiveron unha lesión de longa duración. Tamén teñen outro aspecto en común: os tres seguiron adiante coas súas carreiras deportivas. Coñecemos as experiencias de Borja Golán, xogador de squash, que conseguiu ser campión de Europa; Manuel Castiñeiras, exxogador de fútbol que seguiu xogando 6 anos máis trala súa lesión; e David Palmas, xogador de fútbol sala, que afronta unha nova temporada no Santiago Futsal.