El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

A tradución ao xaponés de Pardo Bazán en ‘La Tribuna’

Eizo Ogusu, autor do traballo, explicou en videoconferencia na Real Academia Galega a dificultade para manter a esencia

Eizo Ogusu na pantalla, X.R. Barreiro, Carmen Colmeiro, X A. Montero, Patricia Carballal e Cristina Patiño, onte  - FOTO: Almara
Eizo Ogusu na pantalla, X.R. Barreiro, Carmen Colmeiro, X A. Montero, Patricia Carballal e Cristina Patiño, onte - FOTO: Almara

ALBERTO MARTÍNEZ A CORUÑA  | 08.03.2017 
A- A+

O décimo primeiro número da revista La Tribuna, Cuadernos de Estudos de Casa- Museo Emilio Pardo Bazán, dedica un amplo espazo á primeira novela traducida ao xaponés da escritoria galega, Los pazos de Ulloa, dentro dunha ampla variedade de artigos sobre diversas facetas culturais.
Na presentación, onte, participou por videoconferencia desde a súa universidade, o profesor xaponés Eizo Oguzu, autor da tradución, quen comentou que cada vez son máis os autores españois traducidos ao seu idioma nipón. Neste caso, a novela editouse nun tomo de 410 páxinas, das que 40 corresponden a unha biografía de Pardo Bazán, para o seu coñecemento naquela cultura oriental.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt