Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Martes 21.05.2013  | Actualizado 16.36 Hemeroteca web  |  RSS   RSS

Noticia 1 de 1

Santiago aproba este venres as súas contas de 2012

Segundo o executivo, son uns presupostos "dinamizadores e de carácter social"

SANTIAGO. RO  | 18.06.2012 
A- A+

Mañá martes someterase a ditame da Comisión Informativa de Facenda o orzamento do exercicio 2012 de Santiago, e prevese a súa aprobación no Pleno a celebrar o vindeiro venres 22. Segundo o goberno municipal, trátase dun orzamento social, sensible ás necesidades dos sectores máis desfavorecidos e que en maior medida están a sufrir as consecuencias da actual crise económica. O gasto social representa un 11,04% sobre o orzamento total do 2012, fronte ao 4,18% de 2011, o que supón un incremento do peso relativo do gasto social dun 6,86%.

A xestión orzamentaria do anterior Goberno "derivou nun excesivo endebedamento do Concello de Santiago de Compostela, superando o límite do 75% que establece a normativa orzamentaria vixente". A débeda por habitante, segundo Raxoi, ascende á cantidade de 612 euros, a maior das sete grandes cidades galegas e é 2,65 veces máis da media da débeda por habitante de todos os Concellos de Galicia (231 euros por habitante).

Engade o executivo de Currás que co obxecto de reducir este elevado nivel de endebedamento, "apróbase por primeira vez neste Concello un orzamento cun superávit maior ao remanente negativo de tesouraría de 2011, por importe de 2.720.720 euros". Trátase "do primeiro orzamento que prevé a aprobación dunha ordenanza de teito de gasto, que recolle os obxectivos da nova lei de estabilidade orzamentaria co fin de garantir a sostibilidade das finanzas públicas. Cumprir co déficit cero é un compromiso irrenunciable".

Con este escenario "e herdada unha débeda de 70 millóns de euros, trátase de levar a cabo unha priorización dos investimentos, tendo en conta que a variación do peso relativo con respecto ao exercicio 2011 se incrementa, a pesar da minoración global do presuposto".

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorreogallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS