Martes 09.02.2010  |  Actualizado 19.10      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
El Correo Gallego
Google
[Noticia 1 de 1] Portada

emprendedores

Brión foi onde botou andar o móbil en galego

07.05.2006 Grazas á iniciativa dun grupo de alumnos do IES de Esparís, a empresa Grundig lanzou ó mercado un teléfono pioneiro con opcións de pantalla na nosa lingua ·· Dirixíronse a numerosas multinacionais sen éxito ·· A idea contou co apoio da Mesa Pola Normalización

0.0/5 [0 Voto/s]

Atrás Imprimir Recomendar Aumentar texto Reducir texto

FERNANDO FRANJO • SANTIAGO

Patricia Arias, esquerda agachada, cos alumnos que ‘lanzaron’ o teléfono FOTO: Gallego
Patricia Arias, esquerda agachada, cos alumnos que ‘lanzaron’ o teléfono
FOTO: Gallego
Un grupo de escolares do instituto de Esparís (Brión) foi quen de acadar que a telefonía móbil empezase a falar en galego. A partir dunha iniciativa promovida por estudiantes de terceiro de ESO a firma alemá Grundig lanzou ó mercado o modelo 402i, que dispón da citada opción lingüística ademais dun pioneiro dicionario preditivo en galego.

Non foi doado. A idea parteu o ano pasado da profesora Patricia Arias que lles propuxo ós seus alumnos de terceiro de ESO de alternativa a relixión unha reflexión sobre as mensaxes e a lingua empregada nos seus móbiles. O resultado: moitas marcas distintas e aparellos de vangarda mais en ningún deles podía empregarse o idioma que eles falan habitualmente. ¡Que curioso! podían facer SMS nunha lingua revolucionaria, traduccións case simultáneas ó inglés, francés, ou incluso ó ruso pero o seu móbil non falaba en galego.

Ó principio, ós alumnos non pareceu importarlles manexar outro idioma no seu móbil. A estratexia de Patricia foi atrevida pero acadou o resultado apetecido: "Será que non falades moito e que non sodes bos clientes porque si non fose así, as compañías teríanvos máis en conta".

Era o impulso que lles faltaba. "O paso seguinte foi dirixirse por carta ás distintas compañías Nokia, Panasonic ou Siemens, entre outras)" dí Patricia. Enviáronse ata oito cartas, pero as respostas, sobre todo nalgúns casos estiveron moi lonxe de ser as esperadas e incluso nalgún caso con bastante descortesía: tíñao claro, non estaban obrigados a ter oferta en galego

Os apoios

Desto hai agora un ano, pero lonxe de desfalecer, o grupo de Esparís buscou o apoio da Mesa pola Normalización Lingüística que se fixo eco da orixinal iniciativa. A través desta organización, pedíuselles a outros estudantes galegos que, evidentemente, estarían na mesma situación "que fixeran o mesmo que nós".

Así foi e o éxito chegou. A principios deste ano a empresa alemá Grundig sacou ó mercado español o modelo 402i, que incorpora a opción de galego en pantalla. Mensaxes da peculiar linguaxe da telefonía móbil como qdmos pa ir lcine o t recoj nt kasa deixaron o seu lugar donde hai algún tempo a outros como axustes, axenda ou agarde un momento, que xa empezan a ser habituais na peculiar linguaxe da telefonía móbil.

Os alumnos de terceiro de ESO que protagonizaron esta historia foron Eider de Dios Robledo, Tristán Fernández Cabrera, Amy Gutiérrez Palazuelos, Miranda Luengo Redondo, Berta Marcos Lorenzo, Pablo Mantilla Vázquez, Marina Moreno García, Laura Rodríguez Mariño, Iván Romero García, Alicia Trapat Matos e Nerea Unzueta Fernández.

AS ABREVIATURAS

¿Kfixxs? e dxo...

Pero os alumnos de Brión non son alleos á linguaxe xa propia da telefo0nía móbil. Que fixeches e dixo son as traduccións das abreviaturas refereridas máis arriba. Pero non son as únicas. m8: moito; bks: significa bicos; tou e tiven: estou e estiven; kcnts: qué contas, igualmente empregada no castelán .

Chuza esta noticia Brión foi onde botou andar o móbil en galego Añadir a Menéame la noticia Brión foi onde botou andar o móbil en galego Añadir a Del.icio.us la noticia Brión foi onde botou andar o móbil en galego Añadir a Yahoo la noticia Brión foi onde botou andar o móbil en galego Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

enviar

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS