Martes 09.02.2010
|
Actualizado 10.14
Hemeroteca web
|
RSS
![]() |
| Teresa Táboas FOTO: Gallego |
·· "Na Consellería de Vivenda traballamos nunha dobre dirección. Por un lado, implicar ao sector privado na construción de vivenda protexida, porque iso permite aos cidadáns contar con significativas vantaxes. Son vivendas cun custe inferior ao do mercado, e os adquirentes reciben importantes axudas a fondo perdido e préstamos hipotecarios preferentes. Ademais, a vivenda protexida contribúe a conter os prezos do mercado libre".
"A Consellería adoptou unha serie de relevantes medidas no Plan Galego de Vivenda 2005-2008 para favorecer esa implicación, como a equiparación fiscal, o que permite a promotores e compradores de vivenda protexida ter os mesmos beneficios fiscais que no resto do Estado, ou a creación do Rexistro Único de Demandantes de Vivenda Protexida, vital na planificación da política de vivenda".
"Por outro lado, a Consellería xa iniciou negociacións cos concellos, a través da Fegamp, para acadar un gran pacto polo solo, pois este é un dos elementos que máis repercute no prezo da vivenda. Neste sentido, ofertamos urbanizar as bolsas de solo residencial reservadas nos plans xerais, e destinalas a vivenda protexida".
"Un aspecto no que queremos incidir é na divulgación do Plan Galego de Vivenda, porque é obvio que os demandantes solicitarán as axudas dispoñibles na medida en que as coñezan. O grado de coñecemento é insuficiente, aspecto que confirma o Galibarómetro, e imos facer un esforzo de difusión para que ninguén se quede sen as axudas ás que teña dereito",