Miércoles 22.05.2013
| Actualizado 14.16
Hemeroteca web
|
RSS
A proposta de novo Estatuto para Galicia -que hoxe se presenta ós medios en Vigo- elaborada polo Partido Galeguista establece "o Reino de Galicia" como "unha nación cunha identidade nacional histórica", en base á conxugación indiscutible de identidade territorial, política, cultural e lingüística. O documento será presentado o día 28 no Parlamento de Galicia e consta dun título preliminar (que empeza con esa definición) e outros 5 títulos, ademais de 3 exposicións finais.
O artigo 14 trata "do Rei de Galicia" do que di "é o símbolo da súa unidade e permanencia, arbitra e modera o funcionamento regular das institucións, asume a máis alta representación do Reino de Galicia e das súas institucións nas relacións internacionais, especialmente coas nacións das comunidades históricas", dando, de conformidade coa Constitución española, "continuidade histórica".
Se ben recoñece o texto que tal título reside na actualidade en don Juan Carlos de Borbón, o Partido Galeguista (PG) propón para o Rei de Galicia o dereito e o deber de coñecer e empregar o idioma galego naqueles actos nos que exerza a representación institucional do Reino de Galicia. Tamén se precisa que no escudo da Casa Real se introduza o de Galicia.
No artigo II, o PG avoga pola supresións das deputacións e a creación da quinta provincia de Vigo.
