Canal Ocio
Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google
El Correo Gallego

Lunes 06.09.2010  | Actualizado 21.28      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Comarcas » Tierras de Compostela

Á BEIRA DO SAR

Un conto e un galano de Reis

03.01.2007

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

XOSÉ MANUEL G. TRIGO

Era unha vez un vello velliño de cen anos que chegou a ser o home máis sabio nas ciencias de saber de Nós: a etnografía, a xeografía, a historia. El veu ao mundo na aldea chamada Loureiro de Cotobade e puxéranlle de nome Antón e de apelido primeiro Fraguas, que aínda ía tardar uns anos en ter o segundo e repetido, por mor de nacer fillo de solteira, coma algúns outros nenos protagonistas deses contos do país que disque se contaban arrente o lume da lareira. Un día petou na porta da casa do noso neno un home que se chamaba Manuel. Era o seu pai, que volvía á aldea despois de anos emigrado no Brasil, e dixo que quería recoñecelo e mais casar coa nai.

Despois, Manuel Fraguas matinou nunha segunda viaxe a Brasil na que o acompañase o neno para que alá, alén do mar, entrase de aprendiz de maquinista de tren, que seica daquela era oficio de garbo e gabanza. Pero Antón, á súa maneira, fíxolle entender ao pai que a única máquina á que quería dedicarse era á dese tren que se chama Galicia, que vén vindo polas vías da historia con retrasos horarios e seculares e mesmo con algúns descarrilamentos. Aquel neno da aldea chegou a ser don Antonio, unha das figuras que durante o pasado século con máis señorío exerceu en Santiago a súa humanidade e o seu humanismo. Na vida compostelá poucos homes gañaron para o seu nome un don coma o don de don Antón. A xente recoñecía non só a excelencia dos seus saberes, senón o moito que a súa persoa soubo facerse querer.

E até aquí o conto do neno maquinista, disimulando a insolencia do narrador.

Agora o galano: a exposición que hai uns días se ­inaugurou sobre a vida e a obra de Antón Fraguas Fraguas no Museo do Pobo Galego. Alí fica unha primorosa mostra que moi ben pode ser inspiradora de emoción e de estudo para quen se achegue. Bonita ocasión tamén de visita escolar, porque alí os nosos estudantes atoparán o que Ortega chamaba "unha matriz viva de cultura". Neste caso da nosa cultura, que quere o seu sitio no ceo da cultura universal, que é cousa moi distinta dese horror da cultura global.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS