Martes 30.12.2008
Hemeroteca web
|
RSS
Lín, hai xa algún tempo, que Paulo Coelho pasaría á historia como un dos grandes gurús, como un dos grandes líderes espiritoais do noso tempo. Recoñezo que quedei abraiado. Logo, pensándoo millor, empecei a sopesar tal posiblidade. Por fin acabei aceptándoa. Sucedéume cando reparei no feito de que en ningún momento nin lugar poidera ler que tamén o faría coma un dos escritores cimeiros destes nosos dous séculos. A posibilidade callaba.
Os grandes textos relixiosos adoitan ser, se un se guía polos estudiosos das relixións comparadas, dunha sinxeleza infantil en ocasións, escasamente intelectualizados case sempre. Non se trata dunha babecada esto que se está a afirmar. O mesmo Xesús Cristo valéuse de parábolas que fixeran comprensible a súa doutrina ós ignorantes. Ninguén cuestiona as verdades que encerran, pero tampouco me atravería eu a afirmar que o Novo Testamento estea cheo de textos de inorme beleza literaria, por moi espirioais e salvíficos que sexan.
A partires desta consideiración empecei a aceptar que Paulo Coelho, gran propulsor do Camiño de Santiago, tamén espiritoalmente concebido, por certo, malia as inormes inexactitudes que encerren os seus comentarios e afirmacións, poidese acabar sendo un gurú, o líder espiritoal que pra moitos seres humáns xa é.
Por poñerlles outro exemplo. Servidor élles lector de Anthony de Mello, o autor de A oración da rá ou se o prefiren de The prayer of the frog, morto dun ataque cardiaco no ano 1987, cando máis interesado andaba co budismo do mestre Achaan Chab e sen deixar por elo arrumbada a súa entidade xesuítica. Leo e releo a Tony de Mello. Pois ben, nese orde de cousas, eminentemente respectuoso, é no que quero dicir o que digo: que os textos relixiosos son importantes e respectables en si mesmos, pero non por elo teñen que ser monumentos literarios. Por non citar ningún texto revelado que alporice ós máis beatíficos e integristas dos meus lectores, os pertencentes a Paulo Coelho, por máis que teñen axudado a millóns e millons de seres e vendido millóns, e millóns, de exemplares non creo que pasen á historia da literatura en virtude da súa calidade senón doutra serie de valores que non fará falla indicar.
Pois isto mesmo válelles os que lle apuxeron a ese autor de nós, tan citado nestes días, a Biblia enteira ou por partes pra lle calar a boca por ter afirmado que a literatura hebrea non é máis importante ca nosa. Recomendaríalles a atenta lectura dos textos que, no Libro dos Libros, se refiren a certa secta chamada dos fariseos, coñecidos tamén co nome sepulcros branqueados. E non lle quero recordar palabras de Xesús. Non é, con todo, a miña condición, tampouco a miña vocación, a de predicador.
ac@alfredoconde.com
Ronda de Nelle 'decorada'
Invasión de las aceras
Firme roto en Meixonfrío
'Onda' en Quiroga Palacios