Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
El Correo Gallego
Google
Portada
 
atrás Añadir a Yahoo la noticia A deputación concede a Pescanova a medalla de ouro da provincia pola súa traxectoria empresarial Añadir a Del.icio.us la noticia A deputación concede a Pescanova a medalla de ouro da provincia pola súa traxectoria empresarial Añadir a Menéame la noticia A deputación concede a Pescanova a medalla de ouro da provincia pola súa traxectoria empresarial Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto

E pola súa contribución ó museo de pontevedra

A deputación concede a Pescanova a medalla de ouro da provincia pola súa traxectoria empresarial

09.08.2007 Santiago Sanmamed, a Asociación de Graniteiros, Alecrín, Antón Lamazares e o Gran Hotel da Toxa, recibirán mencións honoríficas

O presidente da Deputación, Rafael Louzán, concederalle hoxe á empresa Pescanova a Medalla de Ouro da Provincia, nun acto que se celebrará no Pazo Provincial ás 20 horas. Tamén se entregarán cinco mencións honoríficas nas categorías de Deporte, Cultura, Acción Social, Turismo e Empresa.

Con este galardón, a Deputación pretende sobresaír a traxectoria de Pescanova no eido empresarial pero, fundamentalmente, o traballo desenvolvido pola entidade no campo cultural. Compre destacar, neste senso, a colaboración realizada polo fundador do grupo Pescanova, José Fernández López, que coas súas doazóns contribuíu a que o Museo de Pontevedra se convertese nun dos máis importantes de España do seu xénero. Un compromiso que o actual presidente de Pescanova, Manuel Fernández Sousa-Faro, decidiu continuar a través da súa colaboración co novo edificio do Museo de Pontevedra, onde habilitará catro salas de exposición, ademais de instaurar un premio de Pintura anual co nome de José Fernández López.

Por outra banda, no acto de hoxe recibirán as distincións o presidente da Federación Española de piragüismo, Santiago Sanmamed Lora, na categoría de Deportes; a Asociación de Graniteiros, na modalidade de Empresa; o Grupo de Estudos sobre a Condición da Muller no apartado de Servizos Sociais; o artista Antón Lamazares no ámbito cultural; e o Gran Hotel da Toxa, na categoría de Turismo. Á hora de seleccionar ós premiados tivéronse en conta as seguintes valoracións:

Presidente da Federación Española de Piragüismo

Polo seu traballo dende o cargo de secretario da federación provincial dende onde inicia un destacable traballo de promoción creando numerosos clubs como o Breogán, As Torres de Catoira, Kaiak Tudense e Penedo, entre outros; ademais de organizar competicións como o Trofeo Príncipe de Asturias de carácter Internacional, entre outros.

Posteriormente, en 1983 ocupa o primeiro posto de presidente da Federación Galega de Piragüismo dende onde se conseguiron grandes resultados deportivos tanto a nivel selección, gañadores varios anos consecutivos do Campionato por Autonomías Copa Su Majestad el Rey, como de clubs galegos e palistas a nivel internacional, crea a Copa Xunta de Galicia e o nivel do piragüismo Galego alcanza o seu nivel máis alto.

Con esta distinción a Deputción tamén quere premiar o feito de que o presidente da Federación foi un dos máximos defensores da construción das pistas de piragüismo no Pontillón do Castro e da celebración nas mesmas do Campionato Europeo de Piragüismo en “Augas Tranquilas”.

Asociación de Graniteiros
Constituída en 1970 por Octavio Ramilo. Actualmente está composta por máis dunha trintena de empresas transformadoras, que representan máis do 80% da facturación do sector do granito na Comunidade (220 millóns de euros).

Galicia é líder do granito en España, producindo máis do 60% dun produto que xera na comunidade 2.800 empregos, dun total de 5.000 no conxunto de España. A galega é ademais a principal Comunidade exportadora de granito do país (máis do 70%), sendo a maior parte das exportacións de granito elaborado. Dos 24.448.000 m2 de granito que se elaboran en España, practicamente un 65% (15.752.000 m2) saen das factorías galegas.

Na actualidade, ten como principal obxectivo potenciar o desenvolvemento do sector no ámbito nacional e internacional. Para alcanzar este obxectivo, a AGG centra os seus esforzos na investigación, na mercadotecnia sectorial, no desenvolvemento de actividades de I+D+i, na prevención de riscos laborais e na protección do medio.

Grupo de Estudios Sobre a Condición da Muller Alecrín
O Grupo de Estudios Sobre a Condición da Muller Alecrín é unha asociación sen ánimo de lucro, creada en 1985 co fin de promover a total incorporación das mulleres na sociedade e de eliminar obstáculos que impiden ou limitan a plena integración. Dende a súa constitución no ano 2000 o Grupo de Estudos sobre a Condición da Muller atendeu a un total de 28.194 rapaces e rapazas. O Centro Xove de Sexualidade Alecrín desenvolveu no ano 2006 a unha actividade que da que se beneficiou poboación total de 5.100 persoas, 780 máis que no 2005.

Fins da Asociación: promover a participación e a integración das mulleres na vida social, laboral, económica e cultural; remover os obstáculos que impiden a plena aplicación do principio constitucional de non discriminación por razón de sexo; promover actividades ou campañas de rexeitamento social á violencia de xénero; fomentar accións destinadas ó colectivo xoven no ámbito da saúde sexual e reprodutiva; planificar programas de atención permanente a mulleres con problemáticas específicas; auspiciar reformas lexislativas necesarias para conquerir a plena igualdade das mulleres.

Antón Lamazares
Antón Lamazares (Maceira-Lalín, Pontevedra, 1954) foi o autor de algunhas das exposicións máis importantes da arte española contemporánea. Lamazares deuse a coñecer nas mostras colectivas da Plaza da Princesa, auspiciadas polo Concello de Vigo en 1973. A primeira mostra individual realizouna en Compostela ó ano seguinte. Tamén está na primeira edición de Atlántica, en Baiona, en 1980. Comeza a saltar fronteiras e expón en Bos Aires, ese mesmo ano.
Consegue becas e é seleccionado para mostras moi restritivas, no Museo da Arte Contemporánea de Madrid. A súa obra viaxa a Brasil, Alemaña, Francia. Antes de cumprir los trinta anos é xa unha celebridade, un nome imprescindible no panorama da xoven pintura española. Está representado en todos os museos de Galicia e en outros de Europa e América. A obra do artista galego foi vista, tanto de forma independente como en exposicións  colectivas, en Bélxica, Estados Unidos, Francia, Portugal, Arxentina, México e Reino Unido. A súa obra figura na colección permanente do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, ademais de estar incluída na doutros museos e coleccións particulares.

Gran Hotel da Toxa
O Gran Hotel Hesperia A Toxa é un establecemento de cinco estrelas situado na Illa da Toxa no Concello de O Grove. No 2007 estase a celebrar o seu centenario, foi o primeiro hotel-balneario de 5 estrelas de España. Os seus mananciais acreditaron as súas propiedades terapéuticas dende o ano 1846 e dende 1928 contan coa declaración de utilidade pública. As instalacións foron completamente reformadas no 2005 e hoxe tradición e modernidade conviven nunhas instalacións dotadas da tecnoloxía máis avanzada.

 A condesa de Pardo Bazán intuía xa o destino turístico de Galicia ó referirse, nun dos seus escritos, á lenda do asno moribundo que recobrou a súa saúde revolcándose nos fungos da illa da Toxa. Se aquela terapia resultaba milagrosa para os animais, ¿por qué non para o home?. En 1907, o Gran Hotel Balneario da Toxa abriu as súas portas cun suxestivo menú de curas: baños de sal, lodos e algas, masaxes baixo control fisioterapéutico, sesións de UVA naturais na piscina, programas específicos de adelgazamento, antiestrés, artrite e reumatismo ó borde do mar, etc.

A entrega destas distincións foi instituída o ano 2005 polo goberno que preside Rafael Louzán, coa concesión da Medalla de Ouro a Caixanova e as distincións á empresa Florentino, de Lalín; á cooperativa vitivinícola Martín Codax; ó ciclista Alvaro Pino; a Proxecto Home; e á agrupación cultural Duos Pontes. No ano 2006 a  Medalla de Ouro recaeu no Grupo Peugeot Citröen; a medalla de prata no ciclistaÓscar Pereiro; e as cinco Mencións de Honra á empresa de mobles María Martínez, de A Estrada; ó escultor cambadés Francisco Leiro; a Javier Solano Rodríguez-Losada, presidente da Fundación Mondariz-Balneario; ó Clube Amfiv, de Vigo, que preside o olímpico Pablo Beiro; e á cooperativa Loitamar, do Morrazo.

Os premios da Deputación de Pontevedra foron instituídos para recoñecer a persoas ou entidades da provincia destacadas nos ámbitos da actividade social, económica, cultural ou deportiva, polo seu compromiso, defensa ou contribución ó desenvolvemento en todos os eidos da provincia.

 
atrás Añadir a Yahoo la noticia A deputación concede a Pescanova a medalla de ouro da provincia pola súa traxectoria empresarial Añadir a Del.icio.us la noticia A deputación concede a Pescanova a medalla de ouro da provincia pola súa traxectoria empresarial Añadir a Menéame la noticia A deputación concede a Pescanova a medalla de ouro da provincia pola súa traxectoria empresarial Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad