Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
El Correo Gallego
Google
Portada
 
atrás Añadir a Yahoo la noticia ‘Pinte un bisonte na caverna, por favor’: novos formatos creativos no Centro ON Caixa Galicia Añadir a Del.icio.us la noticia ‘Pinte un bisonte na caverna, por favor’: novos formatos creativos no Centro ON Caixa Galicia Añadir a Menéame la noticia ‘Pinte un bisonte na caverna, por favor’: novos formatos creativos no Centro ON Caixa Galicia Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto

‘Pinte un bisonte na caverna, por favor’: novos formatos creativos no Centro ON Caixa Galicia

14.11.2007 Blogs, fotologs, flickr… as novas ferramentas da web aplicadas á produción cultural, na Coruña

O Centro ON Caixa Galicia (Cantón Pequeno, 9-11. A Coruña) acollerá nos vindeiros meses o ciclo “Pinte un bisonte na caverna, por favor”, un proxecto que reunirá, ata o vindeiro mes de marzo, unha escolma de creadores galegos moi vencellados á web e ás súas ferramentas  de comunicación.

Pintores, escritores, fotógrafos ou videocreadores, todos coas novas tecnoloxías coma eixe común,  pasarán polo auditorio deste espazo coruñés para compartir co público o seu traballo, exhibido día tras día na rede a través de blogs, fotologs ou flickr, entre outras.

“Este novidoso proxecto intenta”, segundo a coordinadora do ciclo, Estíbaliz Espinosa, “volver aos inicios artísticos do home, cando empregaba as paredes da súa caverna para expresarse artisticamente. O auditorio do Centro ON Caixa Galicia é a caverna e a pantalla xigante, a parede onde o artista plasmará a súa obra”.

Con esta iniciativa, Caixa Galicia quere apoiar a autores noveis e consagrados en distintas disciplinas artísticas para que poidan amosar os seus traballos fóra da rede.

Así, na aprogramación figuran dende críticos literarios coma Alfredo Ferreiro, ata fotógrafos coma Rebeca Saray ou Javier Quintana, creadores audiovisuais como Sara Jess, Iván López Gimeno ou Marina Núñez, ou autores multidisciplinares como María Lado ou Igor Lugrís.

Web e tecido cultural

Nos últimos anos internet transformou radicalmente as relacións entre o autor e a súa obra, e máis entre o produto cultural, o seu público e a industria, unha mutación absolutamente radical que define a escolma feita para este proxecto.
 
“Os blogs están a crear de forma decisiva un soporte de intercambio e información entre o tecido cultural que supera as barreiras da visibilidade nos medios tradicionais, e instalan novas rutinas prácticas entre os  sectores da produción cultural que provocan que, na actualidade, poucos proxectos culturais novos non empreguen a internet nunha, en varias ou en todas as súas etapas de creación, distribución e retroalimentación”.

O Consello da Cultura Galega, no seu informe “A comunicación en Galicia 2007”, xa sinalaba a importancia destas ferramentas da web nos procesos de creación do noso tempo, unha influencia crecente que queda retratada nesta mostra, “a primeira deste tipo que se fai en Galicia”, segundo a organizadora.

PROGRAMACIÓN


22 NOV Iván López Gimeno Fotografía http://www.ivanlopezgimeno.com/


29 NOV Olga Osorio Fotografía http://olgaosorio.wordpress.com/


13 DEC Maria Lado Blog http://casatlantica.blogspot.com/


20 DEC Elba Fernández Fotografía http://www.flickr.com/photos/pequenasuricata/

Rebeca Saray Fotografía http://www.fotolog.com/dosismortal



10 XAN Pablo Gallo. Ilustración http://es.geocities.com/pintorgallo/


17 XAN Branda Plástica http://brandapinta.com/principal.htm


24 XAN Sara Jess Vídeocración http://ocartafoldesilencios.blogspot.com/


31 XAN Adrián Figueroa Ilustración http://www.fotolog.com/onionboy

Noemí Cubillo Fotografía http://noemicubillo.com/



07 FEB Estibaliz Espinosa Blog http://estibalizes.wordpress.com/


14 FEB Alfredo Ferreiro Blog http://olevantadordeminas.blogaliza.org/


21 FEB Igor Lugris Blog http://www.agal-gz.org/blogues/index.php/ovnis


28 FEB Samuel Fernandez Animación http://www.acola.net


06 MAR Sandra García Fotografía www. flickr.com/photos/pequesquimal

 

13 MAR Iván Marcos Vídeocreación http://www.aadteg.org/ficha.php?ids=165


20 MAR Javier Quintana Fotografía http://www.fotolog.com/kevincarter

Pablo Honey Vídeocreación http://www.fotolog.com/notdesign


27 MAR Mariña Núñez Audiovisual http://www.ma.uva.es/~antonio/MarinaNunez



Auditorio Centro ON Caixa Galicia. Cantón Pequeno, 9-11. A Coruña.

Horario: de 19.00 a 20.00 horas

Entrada libre e gratuíta.

 
atrás Añadir a Yahoo la noticia ‘Pinte un bisonte na caverna, por favor’: novos formatos creativos no Centro ON Caixa Galicia Añadir a Del.icio.us la noticia ‘Pinte un bisonte na caverna, por favor’: novos formatos creativos no Centro ON Caixa Galicia Añadir a Menéame la noticia ‘Pinte un bisonte na caverna, por favor’: novos formatos creativos no Centro ON Caixa Galicia Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad