Unha alianza entre camiñantes solitarios. Muni Camón, ex Maddening Flames regresa unha década despois xunto ao cantautor asturiano Remate para montarnos nunha aventura que fala de infelicidade causada por esas dores do amor. Historias surrealistas e mínimas dotadas dunha coidada produción a cargo de Paco Loco. Unha pequena xoia na que Muni destapa a esencia duns temas cantados coa luz da inspiración e do intimismo. Remate, polo seu lado, achega ese modo xenuíno de adornar as cancións. O seu sexto disco e sexta cita coa calidade.