Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
El Correo Gallego
Google
Portada
 
atrás Comparte en Yahoo la noticia Estréase o ‘Finis Terrae’, base do futuro Cesga Comparte en Del.icio.us la noticia Estréase o ‘Finis Terrae’, base do futuro Cesga Comparte en Menéame la noticia Estréase o ‘Finis Terrae’, base do futuro Cesga imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto

EN VANGARDA

Estréase o ‘Finis Terrae’, base do futuro Cesga

12.06.2008 A Xunta inviste 61 millóns no supercomputador e na nova sede do centro en Santiago

EN REDE . SANTIAGO

A Consellería de Innovación e Industria presentaralle hoxe en Santiago á comunidade científica o supercomputador Finis Terrae, o de maior memoria compartida de Europa, que entrou en funcionamento o pasado 1 de abril.

Ás dez da mañá comeza no Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia, no edificio situado á beira do Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga), unha xornada técnica dirixida a usuarios e potenciais usuarios de servizos de computación. Nela, expertos do centro e externos explicarán con detalle algunhas das vantaxes que supón contar cun superordenador tan avanzado coma este. Ás catro da tarde, tras o final das conferencias, as persoas asistentes ás mesmas poderán visitar o Finis Terrae nas instalacións do Cesga, no campus sur compostelán.

Ás sete da tarde celebrarase o acto oficial de presentación do supercomputador, que terá lugar no Centro Galego de Arte Contemporánea, o CGAC, tamén en Santiago

A actividade en probas do supercomputador comezou o pasado 17 de xaneiro, e este período estendeuse ata finais do mes de marzo, entrando xa en pleno funcionamento o día 1 de abril.

A compra do Finis Terrae supuxo un desembolso para a Xunta de 19,4 millóns de euros, pero o custo do proxecto completo, ascende a un total de 61 millóns de euros, posto que abrangue ademais a construción dun novo edificio para o Cesga na zona norte de Santiago -no novo polígono da Sionlla- e a contratación de 140 investigadores.

O supercomputador, segundo explicou o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, ó comezo do período en proba, traballará en áreas de "interese estratéxico" para Galicia, como son, ademais da propia supercomputación, as ciencias da vida, a nanotecnoloxía, as ciencias do mar e as enerxías sostibles.

O Finis Terrae está coxestionado co Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e é unha das grandes infraestruturas europeas nesta materia xunto co Mare Nostrum de Cataluña.

A máquina conta con 2.500 procesadores, con oito Gb de memoria para cada un, ocupa unha superficie de 140 metros cadrados e conta con 85 quilómetros de cableado, aproximadamente a distancia entre a sede do Cesga e a localidade coruñesa de Fisterra, cuxo nome en latín -Finis Terrae- toma a máquina, que ocupa desde o mes de novembro o posto número 100 da listaxe dos superordenadores máis potentes do mundo de www.top500.org, que se renova semestralmente.

O posto 100 na elitista listaxe é o máis alto acadado nunca polo centro santiagués, que anteriormente xa figurou en sete ocasións nesta clasificación. A primeira vez fora no ano 1993, no que acadou o posto 160. O vindeiro 17 de xuño darase a coñecer a nova clasificación mundial.

enrede@galicia-hoxe.com

 
atrás Comparte en Yahoo la noticia Estréase o ‘Finis Terrae’, base do futuro Cesga Comparte en Del.icio.us la noticia Estréase o ‘Finis Terrae’, base do futuro Cesga Comparte en Menéame la noticia Estréase o ‘Finis Terrae’, base do futuro Cesga imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad