Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
El Correo Gallego
Google
Portada
atrás Comparte en Yahoo la noticia Novos, no mundo, aquí e agora: o debate da creación en Galicia Comparte en Del.icio.us la noticia Novos, no mundo, aquí e agora: o debate da creación en Galicia Comparte en Menéame la noticia Novos, no mundo, aquí e agora: o debate da creación en Galicia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto

Novos, no mundo, aquí e agora: o debate da creación en Galicia

17.05.2007

No sentido das agullas do reloxo (arriba): Antía Otero, Serxio Regos, Mario Regueira, Andrea Costas, Xiana López, Jorge Perianes , Xocas López
No sentido das agullas do reloxo (arriba): Antía Otero, Serxio Regos, Mario Regueira, Andrea Costas, Xiana López, Jorge Perianes , Xocas López
Son novos pero, a pesar das dificultades para abrirse camiño, apostan pola creación de cultura galega feita dende Galicia mentres ven como o resto da súa xeración vai marchando.

Aínda que algúns deles se adscriben a máis dunha das artes tradicionais para dar saída á súa creatividade, en representación das artes plásticas, Jorge Perianes (Ourense, 1974) e Andrea Costas (Vigo, 1978); do audiovisual, Marcos Nine (Hannover, 1977); da literatura, Mario Regueira (Ferrol, 1979) e Antía Otero (Santiago, 1982); do teatro, Xiana López, de Nut Teatro (A Coruña, 1978); e da música, Xocas López (As Pontes, 1980), de The Homens, e Serxio Regos García (Santiago, 1984), de Dios Ke Te Crew, falan neste debate sobre o seu papel no futuro da cultura galega.

Buscar oco... cara a dentro

Andrea Costas: En arte, o que se ve é que todo o mundo marcha, que todo o que empeza a asomar a cabeza, vaise. Pero en xeral, en calquera licenciatura, non é algo relacionado só coa cultura. Buscan máis formación, máis traballo, posibilidades... Noutros sitios hai vacantes, hai unhas estruturas que aquí non existen.

Jorge Perianes: La gente que conozco yo que marcha busca más contacto con gente de su propio ámbito y oportunidades. También por respirar fuera, es lógico.

Mario Regueira: Parece un tópico, pero da emigración aínda non estamos libres. Parece que pasaron 200 anos pero a xente segue marchando.

Xocas López: Iso é certo. Creo que a decisión de quedar aquí, que moitas veces pode ser moi entusiasta por traballar na túa terra, ao longo do tempo acaba queimando. O reto do que queda é sobrevivir.

Antía Otero: E ao crear en Galicia, ás veces si que te sentes un pouco illado do que se fai fóra de aquí. En literatura, aínda tiveron que botar o pé fóra algúns nomes para que dixeran: "¡Coño!"

Jorge: Sí, es que existe la percepción de que estamos en el culo del mundo. Si en algo beneficia internet y estas cosas es que no hace falta estar en París para estar en el ámbito. Eso podría cambiar mucho las cosas.

Marcos: Pero iso ten o seu punto heroico. En Madrid había algo que eu non soportaba, que todo o mundo ten preconcibido, salvo se es catalán, que tes que ir a Madrid. Pois non, hai que intentar mellorar o teu sitio dando todo alí ata que non poidas máis. Creo que quedar aquí é unha forma de que isto vaia para arriba.

Jorge: Para hacer cultura gallega, hay que vivir aquí. Y para vivir aquí, hay que ofrecer dinero, crear una base fuerte que empiece a crecer con difusión y con contactos fuera, no atrincherándonos. Yo me considero gallego cien por cien porque estoy creando desde Galicia y no desde Alemania. A mí me están llamando para que vaya a Madrid a vivir, y mejor me iría. Lo jodido es estar creando aquí. Porque en arte hay un altavoz que es la economía y allí hay un altavoz grande. Lo que hay aquí es un altavoz pequeñito que aún por relojes replicas encima nos enfocamos a los morros cuando llegan las elecciones. Hace falta dinero para enseñar lo que hay aquí, y si la gente necesita la cultura de aquí, que se traduzca y que vengan a buscarla. Que no tengamos que ir nosotros a otros sitios.

Serxio Regos García: No audiovisual, e na música agora tamén, hai moitísima pasta.

Jorge: Pues a ver qué pasa después con esas cosas, que no pase como en los 80 que jiji jaja, y luego... Hay que hacer las cosas con orden y con criterio.

Marcos: No audiovisual, para curtas repartíronse o ano pasado medio millón de euros, co que se fixeron 67, e daban axudas de ata 6.000 euros. Así, xa estás viciando a subvención a quen acaba de saír da escola en lugar de incorporalo ao mundo laboral. Hai que facer canteira e fomentar novos creadores, pero non busques 70 curtas que están feitas sen pasta, fai 20.

Andrea: En artes plásticas teño a sensación de que seremos para sempre unha promesa, porque cando saes de aí suponse que tes que ter un oficio, que tiveron que absorberte nalgún sitio. E van ampliando os prazos das bolsas porque, cando saias de aí, é o baleiro.

Xiana López: As novas compañías agora teñen posibilidade de entrar no panorama do teatro, pero ás veces compites nos mesmos parámetros con compañías coñecidas, pero con menos cartos, ou cun espectáculo pouco habitual e polo que ninguén aposta.

Desde a esquerda da fotografía, Xocas, Serxio, Jorge, Antía, Xiana, Mario e Andrea
Desde a esquerda da fotografía, Xocas, Serxio, Jorge, Antía, Xiana, Mario e Andrea
Percepción e marca

Antía: Eu creo que falta público porque a mirada hai que educala. Aquí, durante moitos moitos anos, estivemos sen educar a mirada, e iso está pasando factura. Posiblemente agora haxa moita xente que estea a facer moitas cousas interesantes e novidosas, mesturando soportes, pero non hai un público.

Mario: Tamén se debe á dispersión, hai xente que nunha vila pequena está afastado dos grandes núcleos da cultura e non hai como acceder. E aínda arrastramos a política de gobernos anteriores da "cultura porque si", pero no peor sentido: temos que poñer estes cartos, porque temos que cumprir coa cultura e xa está. A xente que o vaia a ver, non nos importa en absoluto.

Xocas: O que estades dicindo de educar a mirada, dos públicos e todo iso paréceme moi ben, pero en realidade, os feitos culturais son un produto e están sometidos á lei do mercado. Aquí van traer unha Aida impresionante, gastan 200 millóns en facer publicidade, cobrarán a entrada a máis de 20 euros e van encher o Multiusos. Os produtos culturais galegos non son un produto de mercado, non teñen valor engadido. O que vai ver a Van Morrison e o que vai ver a Aida igual non pisou un teatro na súa vida, pero vai porque é un acontecemento social, cousa que non o é ningún produto cultural galego, salvo un Celta-Dépor, se se quere considerar como tal. Eu non quero ser un produto de masas, non é a miña pretensión, pero creo que si que ten que haber produtos de masa coa marca galega. Como cos mexillóns, pero coa música, co teatro...

Jorge Perianes: Yo, el fallo que percibo, es que desde fuera, Galicia se ve muy lejos, ven una distancia mental y física que no existe. Galicia suena a lejos, suena a primitivo.

Marcos: No audiovisual, a etiqueta de galego serve para cobrar subvencións e para nada máis. Os galegos somos afortunados no que a cine e televisión se refire, pero estamos dilapidando a fortuna que temos. Dende todas as artes fixéronse grandes obras que se viron reducidas polo feito de estar no marco galego, pero no cine, no que temos maior posibilidades e infraestrutura, non o estamos aproveitando e estámonos dedicando a producir por producir, e iso creo que é un mal...

Sobre a lingua

Xocas: A min marcoume o rock radical vasco, que non lle entendía ninguén as letras, pero iamos todos aos concertos como posesos. Seguro que tiña o seu márketing por detrás e un apoio institucional pero brutal.

Mario: E o gran logro do rock radical vasco é que conseguiu exportarse. E nós que ao mellor tiñamos un hábitat favorable polo mundo adiante, nunca na vida se aproveitou iso e todos os intentos non tiveron nunca apoio.

Serxio: E iso de que "Vós é que cantades en galego, entón fóra non vale..."

Marcos: No momento en que pasas dos Pireneos para alá, o idioma en que fales dálles exactamente igual...

Mario: Na literatura, a lingua non é unha traba, senón todo o contrario.

Antía: Para min non supón unha traba en absoluto. Pero si hai algo que me preocupa máis, e é que neste país, se queres publicar en editoriais que teñan medianamente difusión, ou te queres presentar a un premio e ter oportunidade de publicar, tes que facelo en galego. Aí xorden moitas historias, cando a xente emprega a lingua para chegar a un fin. Escribir en galego é o mellor que podes facer se vives en Galicia. Así é fácil publicar un primeiro libro, agora, manter unha carreira literaria e unha traxectoria literaria, é un pouco máis difícil, sobre todo se es novo.

Mario: Aí hai unha vantaxe, ao non depender a túa economía do que estás facendo, dá unha liberdade... Se a poesía galega é a mellor de Europa, como di Gamoneda, é en parte grazas a que non tes que ceder tanto, porque non depende a túa economía de subsistencia do que fas. Temos a maldición de non poder vivir do que se escribe, pero tamén ten a súa contraprestación.

Marcos: Estou de acordo en que todo o mundo no seu tempo libre contribúa á cultura, pero a supervivencia da cultura depende de que exista xente que se dedique especificamente a ela e, por outro lado, que exista público que o consuma. Creo que é necesario vivir da cultura para que a cultura viva. Se non, estamos abocados a que cada vez haxa menos achegas altruístas, a que cada vez a xente considere que a cultura lucrativa é outra que non é a súa, e que cada vez vaia desaparecendo isto. A cultura galega está directamente ligada co idioma. Cada vez que un idioma morre, que unha cultura desaparece, o que está perdendo é unha cultura universal, non unha cultura particular.

Xocas Lopez, esq., Mario Regueira, Antía Otero, Jorge Perianes, Andrea Costas, Serxio Regos e Xiana López
Xocas Lopez, esq., Mario Regueira, Antía Otero, Jorge Perianes, Andrea Costas, Serxio Regos e Xiana López
Ler e escribir en galego

Antía: Na literatura, ao non poder vivir dela en Galicia, considérante máis ou menos escritor profesional en función de que teñas máis ou menos libros publicados, porque esteas en determinados actos ou porque leves determinados premios. Iso crea un circuíto no que sempre están bailando os mesmos 4 ou 5 nomes. Quizais non se abra a outra xente como se debería.

Mario: Si, porque ademais vivimos nun país no que non se le, e case nada en galego. Hai moita xente que non sabe ler en galego, porque o galego comezou a darse nas escolas nos anos 80. A xente anterior a esa xeración le en galego por voluntarismo, por afección, non é tan fácil como para nós,que tivemos ensino en galego e parécenos natural, e iso xoga na nosa contra. Eu quero crer que o público potencial é xente nova. O futuro está aí, aínda hai moito prexuízo dentro da xente nova, creo que deberiamos mirar cara aí.

Marcos: Hai un tema que nos complica a todos, que é que se fai un uso partidista do idioma e da cultura. Esa utilización da cultura é
inaceptable e crea prexuízos sobre os artistas e sobre os que usamos a lingua en xeral. A frase de "Es do Bloque ou de aldea"...

Mario: O que se está propiciando é que unha lingua fagocite a outra por pura pasividade. É máis visible o uso do galego, pero o uso partidista que se está facendo é da outra lingua.

Jorge: Lo que no se puede hacer es obligar a toda la generación de nuestros padres a emigrar, estar viviendo en otro país con otra lengua, que vuelvan y utilizar el gallego de una forma partidista. Y para eso hace falta dinero, y no utilizar el gallego como arma ni escudo, ni atrincherarnos.

Xocas: O que hai que conseguir é que Touriño cante unha canción dos Dios ke te Crew. [Risos] Eu creo que é un rollo hipócrita, aos políticos impórtalles un carallo a cultura e a lingua.

Participación

Serxio: Eu vexo un problema que habería que superar e é que moitas veces non hai acceso á cultura. Igual cada vez hai máis e invístese non sei canto e hai unha programación amplísima, pero hai outras carencias sociais que non permiten poder pagar 20 e non sei cantos euros nun concerto e mañá ir a outro...

Andrea: Non é tanto iso como a falta de valoración e de costume na cultura.

Xocas: Iso parte das políticas culturais deste país, que son de Todo para el pueblo pero sin el pueblo. Non hai mecanismos de participación cidadá. As iniciativas que mellor funcionan son as xestionadas por colectivos cidadáns, porque son capaces de espallar as redes. Á xente hai que implicala. O traballo co tecido asociativo galego está abandonado totalmente, e unha maneira de investir ben o diñeiro sería investilo no que a xente quere facer. Unha sociedade desenvolvida mídese pola capacidade de participación da cidadanía na toma de decisións, dende que che asfalten aí, ata a xestión cultural do país.

Serxio: Se non participas da cultura, non te vas sentir identificado con ela.

Participación cidadá

Mario Regueira: Parece como que segue habendo medo polo que a xente poida facer. "Cultura é esto que está aquí e xa andamos nós con el" e nós quedamos fóra.

Xocas: Si, hai unha visión elitista da cultura, da "cultura está aquí, ti estas aí, e vas vela se queres". Non é algo próximo.

Serxio: Hai que loitar pola cultura que debeu estar sempre aquí, non pola de arriba, a do márketing. Que ninguén nos diga o que se debe facer.

Jorge: Estoy de acuerdo, que es la real. La otra es la que va a comer unos a otros y te va a echar y va a venir otro. La cultura a ras de suelo es la real y la que va a hacer país.

Xocas: Igual fai falta unha para que haxa a outra. Unha pode facer a pasta e a outra, pulila.

Marcos: Eu dende o meu punto de vista de vendido, creo na colaboración, creo que o futuro disto é que, xa que temos un mercado tan reducido, poidamos tirar cada un de distintas artes, colaborar entre nós e axudar a xente de aquí e fomentar o asociacionismo, o cooperativismo, o pasar de ter unha empresa para poder mover cousas directamente entre persoas que teñen os teus mesmos intereses.

Xocas: É que moitas veces andamos moi pendentes do que fai a Administración cando ao mellor tamén podemos propoñer nós. E se nos queren apoiar, que nos apoien... A administración ten que garantir un acceso á cultura para toda a cidadanía, pero nós non podemos esperar que as súas políticas sexan a panacea, temos que seguir creando e facendo o noso camiño.

 
atrás Comparte en Yahoo la noticia Novos, no mundo, aquí e agora: o debate da creación en Galicia Comparte en Del.icio.us la noticia Novos, no mundo, aquí e agora: o debate da creación en Galicia Comparte en Menéame la noticia Novos, no mundo, aquí e agora: o debate da creación en Galicia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto
Ante cualquier duda, problema o comentario en las páginas de El Correo Gallego envíe un e-mail a info@elcorreogallego.es
Titularidad y política de privacidad. Política de Cookies