Galicia Hoxe
El Correo Gallego
Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Domingo 07.02.2010
Portada
atrás Engadir a Yahoo a nova ‘Abrígate’: fai frío, moito frío nas carteleiras Engadir a Del.icio.us a nova ‘Abrígate’: fai frío, moito frío nas carteleiras Engadir a Menéame a nova ‘Abrígate’: fai frío, moito frío nas carteleiras Chuza esta nova imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto

A ÓPERA PRIMA DO GALEGO RAMÓN COSTAFREDA

‘Abrígate’: fai frío, moito frío nas carteleiras

15.06.2008 Este debut cinematográfico non cumpre as expectativas que probablemente fixou o cineasta. O filme, rodado en Betanzos e con actores galegos como María Bouzas ou Celso Bugallo e arxentinos como Manuela Pal e Javier Lombardo, falla no guión e no formulamento: dista de ser unha comedia romántica

VANESA OLIVEIRA

Manuela Pal (Valeria) e Félix Gómez (Marcelo) nunha escena de ‘Abrígate’ FOTO: Abrígate
Manuela Pal (Valeria) e Félix Gómez (Marcelo) nunha escena de ‘Abrígate’
FOTO: Abrígate
Só faltaban 15 minutos para que a sesión comezase. E había que decidirse ante unha carteleira máis que dubidosa: Indiana Jones, La boda de mi novia, Algo pasa en Las Vegas... ou Abrígate. Na elección da película de Ramón Costafreda pesou máis que fose rodada en Galicia antes que as boas críticas que precisamente non a precedían. O mesmo deberon pensar outras dez persoas que tamén pagaron a entrada para a película rodada en Betanzos.

Abrígate, unha coprodución da galega Continental, a arxentina SB Producciones, e a catalá Oberon Cinematografica non cumpre as expectativas que probablemente o director fixou para a súa ópera prima.

O guión de Ramón Costafreda e Fernando Castets –que colaborou con Juan José Campanella nas recoñecidas Luna de Avellaneda, ou El hijo de la novia–, fai auga cuns diálogos demasiado forzados, cuns silenzos fóra de lugar. Queda lonxe de ser ademais, unha comedia romántica.

A comedia só a vemos en momentos moi precisos, na retranca de Coco, interpretado polo mestre Celso Bugallo, ou nos ollos de Gabriel, o pequeno Álex Neira, quizais as escenas máis logradas da película.

Pero o melodrama das viúvas tristes, Valeria (a arxentina Manuela Pal) e Adela (a galega María Bouzas), tampouco convence. Resulta pouco consistente que Valeria, que acaba de perder o seu namorado, Yves, se namore nun só día do fillo do defunto, Marcelo (Félix Gómez).

O que si constatamos nesta película é que Galicia, neste caso, Betanzos, é un magnífico plató de cine que en nada ten que envexar aos bulevares de París. A pesar diso, non funciona un pretendido realismo máxico, aplacado por un fondo dramático que lle fai pouco ben á cinta. Nin sequera ese esforzo por centrar a atención na sexualidade dos protagonistas como última salvación contra a morte está lograda, senón que se queda nunha loita desigual en planos que se regodean nos corpos de Valeria e Marcelo en pleno éxtase. Demasiado empalago caprichoso para moi pouca consistencia fílmica.

En paralelo, algunhas historias rescátannos do aburrimento como a de Miguel (Javier Lombardo), o pai de Valeria, o emigrante retornado que lles reclama ás súas irmás unha parte da súa herdanza para mercar un ordenador co que rematar o seu cómic. Ou o pescador (Luis Zahera) ó que deron por morto e reaparece, tendo que afrontar as dificultades para comunicarse do seu fillo, Gabriel (Álex Neira).

Facer xeneralizacións sempre é negativo e contraproducente. Pero un pregúntase que poder de convocatoria pode ter o cine galego logo de asistir a películas que non cumpren nin as súas propias expectativas. ¿Que imaxe lle pode quedar ao espectador dun filme que naufraga nunha historia demasiado edulcorada? Menos mal que sempre nos queda o talento dos actores galegos que lles proporcionan dignidade ás súas interpretacións como Celso Bugallo, Luísa Merelas ou a gran María Bouzas.
, unha coprodución da galega Continental, a arxentina SB Producciones, e a catalá Oberon Cinematografica non cumpre as expectativas que probablemente o director fixou para a súa ópera prima. Facer xeneralizacións sempre é negativo e contraproducente. Pero un pregúntase que poder de convocatoria pode ter o cine galego logo de asistir a películas que non cumpren nin as súas propias expectativas. ¿Que imaxe lle pode quedar ao espectador dun filme que naufraga nunha historia demasiado edulcorada? Menos mal que sempre nos queda o talento dos actores galegos que lles proporcionan dignidade ás súas interpretacións como Celso Bugallo, Luísa Merelas ou a gran María Bouzas.

MADE IN ‘GALIZA’

O Consorcio elixe  catro filmes para promocionar en ‘Curtas 08’
O Consorcio Audiovisual  de Galicia seleccionou catro curtas que formarán parte do programa ‘Curtas 08’: A revolta dos mouses, Darío e Verónica, O Hospital, e Leo. As produtoras recibirán unha axuda de 3.000 euros para promocionar e difundir as súas curtametraxes.

Comeza o II Encontro Audiovisual Galicia-Brasil na Coruña
O segundo Encontro Audiovisual Galicia-Brasil, arrincou este venres, día 13 na Coruña. Até o 20, proxéctanse O Cheiro do Ralo, de Heitor Dalia; A Vía Láctea, de Lina Chamie e Aínda Orangotangos, de Gustavo Spolidoro. Serán os días 18, 19 e 20 no Centro de Estudos de Caixa Galicia.

Régis Wargnier e José García visitan Galicia para coñecer escenarios do país
O director de cinema francés Régis Wargnier e o actor de orixes galegas, José García visitaron o mércores Galicia, convidados polo Consorcio Audiovisual para coñecer o escenario audiovisual galego. Cineasta e actor reuníronse con representates da sociedade SempreCinema.

Juan Pinzás recibe o Premio de Cinematografía Cultura Viva
O cineasta galego Juan Pinzás, relacionado co movemento de vangarda Dogma 95, recolleu o Premio de Cinematografía Cultura Viva, en recoñecemento á calidade dos seus traballos e tamén pola súa contribución nas máis avanzadas tendencias cinematográficas.

Estréanse as curtas ‘O máis rico (do cemiterio’ e ‘Palíndromo’
As curtas de dous mozos creadores galegos, O máis rico (do cimiterio) de Jorge Fernández e Palíndromo de Eva Quintas presentáronse de forma conxunta este venres pasado, 13 de xuño, no salón de actos da facultade de Ciencias Sociais de Pontevedra.

 
atrás Engadir a Yahoo a nova ‘Abrígate’: fai frío, moito frío nas carteleiras Engadir a Del.icio.us a nova ‘Abrígate’: fai frío, moito frío nas carteleiras Engadir a Menéame a nova ‘Abrígate’: fai frío, moito frío nas carteleiras Chuza esta nova imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade