Galicia Hoxe
El Correo Gallego
Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Domingo 26.06.2011
Portada
atrás Comparte en Yahoo a nova Novoneyra para o Día das Letras Comparte en Del.icio.us a nova Novoneyra para o Día das Letras Comparte en Menéame a nova Novoneyra para o Día das Letras imprimir recomendar Aumentar texto Diminuír texto

O personaxe

Novoneyra para o Día das Letras

02.11.2008 No noveno aniversario do pasamento do poeta do Caurel continúa con forza na rede a reivindicación para que a Real Academia Galega lle dedique o 17 de maio do ano 2010

V. OLIVEIRA

Uxío Novoneyra naceu en Parada de Moreda no ano 1930
Uxío Novoneyra naceu en Parada de Moreda no ano 1930
No noveno aniversario do pasamento de Uxío Novoneyra, que se cumpriu o pasado día 30, os amigos do poeta do Courel seguen a reivindicar a través da web www.uxionovoneyra.com que se lle dedique o 17 de maio do 2010.

Unha reivindicación que se xustifica en que a Real Academia Galega (RAG) marca que esta data simbólica só se lle pode dedicar a un escritor que polo menos falecera hai dez anos.

Os impulsores da candidatura do autor de Os Eidos, xa reuniron no seu portal de internet o apoio de máis de 650 persoas que destacan o valor humanista e literario de Novoneyra. Unha vox populi enviada como un búmerang á RAG que o ano vindeiro recoñecerá o 17 de maio a Ramón Piñeiro.

Os apoios chegan dende todas partes de Galicia pero tamén de 55 países de todo o mundo como México, Portugal, Arxentina, Francia, Estados Unidos, Brasil, Colombia, Reino Unido ou Venezuela. Voces que destacan como a do arxentino Juan Gelman e xa deitaron palabras de recoñecemento á candidatura do poeta do Courel, nado en Parada
de Moreda no ano 1930.

Fillo de labregos, anovador da visión da paisaxe na literatura galega, no 55 deu ao prelo o seu poemario máis mítico, Os eidos, obra de referencia para os mozos da época, que continuará até os anos oitenta con diferentes volumes.

Preside até a súa morte, no ano 1999, a Asociación de Escritores en Lingua Galega logo de fixar a súa residencia en Santiago de Compostela no 1983. Os seus libros abranguerán diferentes temáticas como a amorosa en Muller pra lonxe (1987), ou a política en Do Courel a Compostela (1956-1986).

O seu compromiso nacionalista e marxista aúnase á súa preocupación pola linguaxe poética e, en especial, polo efecto sonoro dos seus textos.

Definido por Méndez Ferrín como o "poeta nacional de Galicia", os amigos de Uxío Novoneyra destacaban o seu carácter afable e sinxelo, así como o seu gusto por recitar os seus versos en público.

 
atrás Comparte en Yahoo a nova Novoneyra para o Día das Letras Comparte en Del.icio.us a nova Novoneyra para o Día das Letras Comparte en Menéame a nova Novoneyra para o Día das Letras imprimir recomendar Aumentar texto Diminuír texto
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade