Galicia Hoxe
El Correo Gallego
Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Domingo 07.02.2010
Portada
atrás Engadir a Yahoo a nova Fito&Fitipaldis: reis do ‘sold out’ Engadir a Del.icio.us a nova Fito&Fitipaldis: reis do ‘sold out’ Engadir a Menéame a nova Fito&Fitipaldis: reis do ‘sold out’ Chuza esta nova imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto

45 R.P.M.

Fito&Fitipaldis: reis do ‘sold out’

15.11.2009 O ex ‘Platero’ Fito Cabrales segue logrando o máis complicado nestes tempos: encher estadios ata a bandeira ‘antes de que cuente 10’ co público máis variado. En Galicia, farán o mesmo na Coruña e mais Vigo o 20 e 21, con La Cabra Mecánica de abreconcertos

M. RODRÍGUEZ

Fito Cabrales e Carlos Raya no primeiro concerto da xira en Santander FOTO:  Alberto Aja/Efe
Fito Cabrales e Carlos Raya no primeiro concerto da xira en Santander
FOTO: Alberto Aja/Efe
Ós que non lles gusta Fito, poden dicir del que é feo (xa o ten bastante asumido) ou que as súas cancións son máis do mesmo. Quizais peque demasiado de facer xogos de palabras nos que sabes o que vai vir "no quiero ver la aurora, quiero mirar tus ojos del color de la Coca-Cola" é un dos exemplos máis ruborizantes, pero o que non se pode negar é que ten moito mérito.

Supervivente do mito de "sexo, drogas e rock and roll", sobre todo destes dous últimos, supera a Platero y Tú e forma unha banda que tanto lle pode gustar ó teu pai como o teu fillo de cinco anos. Diso poucos artistas poden presumir, e abofé que o Cabrales é un deles. Con moitos anos ás súas costas, colle cada disco e cada xira como se fose a primeira, pero ningunha como esta. Co título Antes de que cuente 10, como o seu novo éxito, comezou a rodar a fin de semana pasada en Santander cunha expectación fóra do común e a maioría das súas datas colgan o sold out, como adoitan dicir os organizadores, vaites, que non hai entradas.

Supoñemos que as citas da Coruña e Vigo non serán unha excepción, e se temos en conta os aforos do Coliseum e do Ifevi, o ateigamento está asegurado. Na cidade herculina estará o vindeiro venres 20 e na olívica o 21, co Lichis e La Cabra Mecánica como abreconcertos.

As novidades do tour, empezando pola nova e espectacular montaxe da xira e a incorporación do baixista Alejandro ‘Boli’ Climent (M-Clan) e a batería Daniel Griffin (Tequila, Ariel Rot) ós Fitipaldis habituais, están a ser recibidos de forma extraordinaria polos fans de Fito, ansiosos de velo en directo despois da xira de concertos con Andrés Calamaro.

Como mostra, os datos que nos ofrece a produtora Last Tour International: esgotáronse xa as entradas para os concertos de Córdoba e Granada o 27 e 28 con case tres semanas de antelación, e os tickets para a segunda data de Madrid, do 27 de decembro, están a piques de voar.

E é que a "Fitoterapia" crea adicción aínda que moitos se empeñen en dicir que aburre ata as ovellas coa súa fórmula. "Ó que non lle guste Fito, está claro que non me pode oír. Pero eu xa estou por enriba diso. A un artista sempre lle podes dicir: "Joder, como se nota que es ti, encántame o teu estilo", ou pola contra "sempre fas o mesmo e non me gusta nada". Moitas veces o estilo pódelo tomar para ben ou para mal, depende da boa ou mala hostia que teña o que escoita", recoñece o bilbaíno nunha entrevista.

¿E os temas? Pois máis do mesmo: "amor e odio, non hai máis", sentencia Cabrales, que confesa que usa a mítica fórmula da servilleta nos bares para compoñer. E é que a vida é a mellor inspiración, sobre todo de noite.

 
atrás Engadir a Yahoo a nova Fito&Fitipaldis: reis do ‘sold out’ Engadir a Del.icio.us a nova Fito&Fitipaldis: reis do ‘sold out’ Engadir a Menéame a nova Fito&Fitipaldis: reis do ‘sold out’ Chuza esta nova imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade