Galicia Hoxe
El Correo Gallego
Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Domingo 26.06.2011
Portada
atrás Comparte en Yahoo a nova Segue as aventuras de Tintimán e acompáñao na resolución de misterios Comparte en Del.icio.us a nova Segue as aventuras de Tintimán e acompáñao na resolución de misterios Comparte en Menéame a nova Segue as aventuras de Tintimán e acompáñao na resolución de misterios imprimir recomendar Aumentar texto Diminuír texto

UNHA PROPOSTA DIVERTIDA DE XERAIS

Segue as aventuras de Tintimán e acompáñao na resolución de misterios

16.01.2011 A Coruña e Santiago de Compostela son as dúas cidades onde se desenvolve a acción. Tintimán é un xornalista novo, algo insolente e arriscado que terá que facer fronte a dúas emocionantes intrigas. ‘Corazón de Chocolate’ e ‘A coroa de Napoleón’ conxugan á perfección a nosa personalidade colectiva coa necesidade de solucionar o problema acaído. Dirixido ao público xuvenil, o creador da saga é Jaureguizar

ADA CASA GRANDE

 FOTO: Edicións Xerais de Galicia
FOTO: Edicións Xerais de Galicia
Edicións Xerais de Galicia propón para esta fin de semana dúas historias impresionantes que te engancharán pola súa frescura, con intriga e misterio da man do magnífico escritor Jaureguizar.

Encadrado na colección xuvenil Sopa de Libros, Un misterio para.. preséntanos un sagaz raparigo chamado Tintimán. Trátase dun rapaz de dezaseis anos arrichado e algo insolente, que herdou do seu pai a paixón por investigar misterios, o amor pola aventura e un axitado traballo de xornalista no xornal Diario Galego.

En Corazón de chocolate, a primeira trama desta saga, a cidade de Santiago de Compostela é o escenario emocionante e atrevido para o primeiro misterio que ten que descubrir. Este reporteiro novo investigará se realmente existe a Irmandade Xelmírez, unha seita perversa, ou se só é unha lenda. O Señor Grozni, que é un gato cun parche nun ollo, e Mónica, unha amiga que asegura ser a súa moza, loura e moi parecida fisicamente a Kate Moss, achegaranlle a axuda precisa para que Tintimán descubra a verdade. N’A Coroa de Napoleón, a segunda das historias protagonizada por Tintimán, este desprázase ata á Coruña, onde se localiza a súa acción. A cidade herculina asiste horrorizada a un incidente de consecuencias internacionais, pois desapareceu unha coroa de Napoleón que o Goberno francés lle emprestara á Corporación para conmemorar o bicentenario da Batalla de Elviña.

A prezada xoia debe aparecer inmediatamente e de xeito discreto para evitar un conflito diplomático. Soamente un reporteiro coa coraxe de Tintimán, axudado por Señor Grozni, o seu gato torto, e por Mónica, poderá descubrir o acontecido.

Por se acaso te perdes, os dous volumes contan cun mapa por onde o intrépido xornalista terá que moverse con cautela e, para unha lectura máis relaxada, podes afrontar a historia por capítulos, xa que a trama se desenvolve aos poucos. As ilustracións das dúas pequenas novelas son da feitura de Matalobos coa súa característica elaboración que lles dan vida ás dúas cidades e ao seu protagonista, que transita e se mergulla en cada rúa, recuncho e praza.

Outras obras que podes ler do mesmo autor, tamén dirixidas a un público xuvenil, son A cova das vacas mortas, Balea morta ou lancha a pique, Salitre ou A rutina Corsaria.

Na arañeira tamén podes atopar libros á túa medida

Edicións Xerais de Galicia dispón dunha completa páxina web, www.xerais.es, na que podes atopar libros para todas as idades e incluso un plan lector adaptado a cada curso. Unha perfecta xanela na que explorar na procura de algo que satisfaga as túas ansias lectoras.  Ademais, conta cun buscador moi práctico que se pode empregar sen dificultade, iniciando a busca por autor, obra ou colección. É unha editorial que actualiza os contidos a tempo real, polo que a información é moi precisa.
O seu blog, http://xerais.blogaliza.org/, faise eco das presentacións, actos e outras actividades relacionadas coas súas publicacións ou cos autores das súas obras. No mesmo blog tamén se poden consultar os artigos que falan da editora, da cultura galega, dos seus premios e incluso podes botar man de
entrevistas e de recensións noutros medios de comunicación.
Xerais tamén está presente nas redes sociais como Twitter, http://twitter.com/, e  Facebook, http://www.facebook.com/pages/xerais; polo que estar informado das súas novidades ou suxestións non é difícil.

PARA CATIVOS

‘Florentino, o príncipe Quino’, de Gloria Sánchez
Nun país habitado por corrichos, o máis porcallán de todos eles é Martiño, o rei. Todo o país era unha auténtica inmundicia. Un día a raíña, Morriña da Corticela, tivo un corricho ao que lle chamaron Quino, unh porquiño inusual.

‘Quéroche contar un conto’, de Aspanex
Aspanex é a Asociación a favor das Persoas con Discapacidade Intelectual da Provincia de Pontevedra. An Alfaya, Francisco Castro, Xosé Cermeño, Agustín Fernández Paz e Irene Pérez Pintos colaboraron neste fermoso libro ilustrado por persoas especiais.

 
atrás Comparte en Yahoo a nova Segue as aventuras de Tintimán e acompáñao na resolución de misterios Comparte en Del.icio.us a nova Segue as aventuras de Tintimán e acompáñao na resolución de misterios Comparte en Menéame a nova Segue as aventuras de Tintimán e acompáñao na resolución de misterios imprimir recomendar Aumentar texto Diminuír texto
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade