| |
|||
![]() |
| A través de Jamba tamén accedemos a imaxes da súa vida FOTO: internet |
Distinguido pola FIFA como un dos mellores xogadores de fútbol do mundo, o número 10 do F. C. Barcelona ofrece a súa maxia máis aló dos campos de xogo do deporte rei. Por medio dos vídeos ofrecidos polo portal Jamba o usuario pode ver a brillante técnica e o control sobrenatural do balón de Ronaldinho, ou gozar de contidos tan dispares como dun vídeo do futbolista interpretando a Shakespeare ou unha colección de imaxes da súa vida, na que nos amosa un Ronaldinho aínda mozo cando principiaba a xogar ó fútbol e como foi evolucionando ata que se converteu nunha verdadeira estrela do deporte rei. Ronaldinho Control Total é o nome do xogo desenvolvido por Meantime Mobile Creations, e distribuído por Jamba, dedicado a Ronaldo de Assis Moreira, máis coñecido como Ronaldinho.
O obxectivo deste incrible xogo, rodeado de ambientes moi realistas é interpretar secuencias e combinacións perfectas sen deixar que o balón toque o chan, polo que cómpre demostrar un gran manexo da bóla e tentar dar o maior número de toques posible.
Fondos de pantalla con algúns dos momentos máis importantes do xogador de fútbol mellor pagado do mundo (cuns ingresos estimados de 70 millóns de euros por temporada), están tamén dispoñibles para todos os fanáticos do mundo do balón españois a través do portal de Jamba, www.jamba.es.