Galicia Hoxe
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
 
Google
Portada  |   Portada en PDF  |   Hemeroteca  |   RSS  RSS Domingo 30.12.2007  |  Actualizado 20.08
atrás Añadir a Yahoo la noticia Pulo ás seleccións galegas, catalás e vascas
Añadir a Del.icio.us la noticia Pulo ás seleccións galegas, catalás e vascas
Añadir a Menéame la noticia Pulo ás seleccións galegas, catalás e vascas
Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto

acordo de san mamés

Pulo ás seleccións galegas, catalás e vascas

30.12.2007 Os responsables de Deportes de Cataluña, Euskadi e Galicia asinaron onte unha declaración que abre unha nova etapa de realización de programas conxuntos

EUROPA PRESS . SANTIAGO

Dende a esquerda, Josep-Lluis Carod-Rovira, Miren Azcarate e Ánxela Bugallo, responsables de Deportes en Cataluña, Euskadi e Galicia, mentres asinaban a Declaración de San Mamés
Dende a esquerda, Josep-Lluis Carod-Rovira, Miren Azcarate e Ánxela Bugallo, responsables de Deportes en Cataluña, Euskadi e Galicia, mentres asinaban a Declaración de San Mamés
A conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, asinou onte en Bilbao xunto cos responsables de Deportes de Cataluña, o vicepresidente Josep Lluis Carod-Rovira, e de Euscadi, a conselleira Miren Azcarate, a Declaración de San Mamés, un acordo de colaboración que permitirá a Galicia participar en competicións internacionais como os Xogos Náuticos de 2008.

Se o pasado 10 de decembro a capital galega acolleu a firma da Declaración de Compostela, pola que as tres comunidades históricas se comprometían a abrir un marco de colaboración en materia cultural, onte foi Bilbao a cidade que acolleu a firma da Declaración de San Mamés, neste caso referida a unha nova etapa de cooperación en materia deportiva.

En declaracións á Radio Galega, Bugallo destacou que este acordo permitirá "a colaboración entre os centros de excelencia" das tres comunidades, así como o "intercambio de información" e a posta en marcha ó longo de 2008 de "programas conxuntos de traballo en materia deportiva".

A conselleira avanzou que, entre os beneficios para Galicia que traerá este convenio de colaboración, atópase o establecemento de "futuras competicións abertas ás seleccións dos tres países". Neste marco, a comunidade galega aceptou o ofrecemento de Euscadi de participar nos Xogos Náuticos do Atlántico 2008, nos que se intentará a participación das federacións de remo, vela, piragüismo e actividades subacuáticas.

Así mesmo, Cataluña ofreceulle a Galicia a integración na rede de Países deportivos, na que xa se atopa Euscadi, así como a participación conxunta das tres comunidades na segunda Conferencia Internacional de Países Deportivos que se celebrará a finais de 2008 en Cataluña.

Os tres titulares de política deportiva coincidiron na súa vontade de "impulsar as súas competicións e ligas propias nos deportes máis practicados" e anunciaron que promoverán que os campións das ligas autonómicas se enfronten entre si e inviten ó club campión doutro país nun torneo Catro Nacións. Outra liña importante desta declaración é a aposta dos tres gobernos por lograr a igualdade de xénero no exercicio "do dereito ó deporte", fomentando o deporte feminino.

CATEGORÍAS

Dobre vitoria galega no campionato autonómico

A selección de Galicia foi a máis beneficiada no sector disputado en Bargas (Toledo) do campionato de España de Fútbol das categorías sub-18 e sub-14, ó imporse na última xornada en sub-18 á selección anfitrioa, Castela-A Mancha.

En categoría sub-14 a selección de Galicia derrotou con claridade a Castela-A Mancha por 4-0, polo que pasa á seguinte fase con catro puntos, os mesmos que Navarra, produto das súas vitorias sobre os castelano manchegos.

DECLARACIÓNS

Un "aquelarre" independentista

O portavoz de Deportes do PP no Congreso, Francisco Antonio González describiu onte o partido entre as seleccións de Cataluña e Euscadi no estadio de San Mamés como un "aquelarre independentista".

A mensaxe dos terroristas

Para o portavoz de Deportes do PP o feito de que o equipo do País Vasco se autodenomine "selección de Euskal Herria" é unha mensaxe que leva a firma dos "violentos radicais" ou, directamente, "dos terroristas".

 
atrás Añadir a Yahoo la noticia Pulo ás seleccións galegas, catalás e vascas
Añadir a Del.icio.us la noticia Pulo ás seleccións galegas, catalás e vascas
Añadir a Menéame la noticia Pulo ás seleccións galegas, catalás e vascas
Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade