Martes 09.02.2010
|
Actualizado 17.53
Hemeroteca web
|
RSS
![]() |
| ‘One Man Band’, arriba |
"Os traballos deste realizador de Boiro están vinculados aos obxectivos do festival: coller unha cámara, sen guión preconcibido, cunha produción limitada, para rodar historias humanas, momentos cotiáns", explica Iago Martínez sobre Chouza, de quen se proxectarán tres dos seus traballos máis relevantes: Somnium, O camiño da Loureira e Sueño Imperfecto así como un proxecto máis experimental e de recente creación, De L"Amore. Pero ademais, Chouza traerá a Ponteareas un documental no que está a traballar dende hai tres anos cos barceloneses Xavier Ruíz e Aritz Cirbián. Trátase de One Mand Band, que, segundo Chouza, aborda "a figura dos Homes Orquestra, un percorrido antropolóxico do ser solitario que se cre un xenios pero que esconde grandes doses de soidade".
No festival presentarán un "teaser" con material gravado en concertos que os propios realizadores gravaron en España, Italia, Suíza e Francia. "A nosa intención é atopar unha produtora ou unha empresa interesada en producir o noso documental", explica Chouza.
Unha plataforma para divulgar futuros proxectos
Para os organizadores, o Mívico pretende ser tamén unha "plataforma de divulgación" para os filmes que se proxectan, dos que valoran a súa "orixinalidade" xunto co seu carácter "experimental e arriscado". Cada vez están a recibir máis traballos de videocreación: de feito, a metade dos filmes que proxectarán pertencen a esta categoría. E o seu obxectivo é conseguir que na mostra só se vexan videocreacións.
Este ano xa confirmaron a súa asistencia ao festival os directores cataláns coñecidos co alcume de Venga Mojas, Xavier Daura e Esteban Navarro, que presentarán o documental Llamadme Claudia, José Luís Soto Ruvalcaba que levará a Ponteareas a súa produción hispano-mexicana Autocásting, ou os galegos Sabela Pernas, directora da videocreación Tómate o teu tempo e Rubén Coca mais Álvaro León coa peza A nena que tiña unha soa ourella.
A música, tamén experimental
A programación do Mívico complétase con concertos dentro do seu Espazo Sonoro. A partir das doce da noite, tocaralle a vez ao grupo de rock galego Sugar Mountain e o Dj Let"s Pets. Mañá sábado, á mediodía haberá unha sesión vermú especial amenizada polo grupo de música experimental creado en Vigo Os da Ría. Pola noite, actuarán o grupo Why Go, Dj Roska e os portugueses do Vj Colectivo Receyecler, formado por Photaumatics (António Lopes Correia e Filipe Fonseca Costa) e SuperNaïf (Irina Grade).
Proxeccións de "live" cinema
Unha das novidades deste ano no Mívico será a creación dun espazo adicado á proxección de obras vinculadas ao mundo da videocreación e o live cinema cedidas por distintos artistas do panorama nacional como os cataláns do Colectivo Proletaricratz, Id Mora ou Vj Marula.
O domingo entregaranse os premios (mellor videocreación, mellor curtametraxe e mellor documentario) que este ano estarán dotados con 400 euros e un Miviquiño, realizado pola artista gráfica Noelia Outeda.