El Correo Gallego

Noticia 14 de 315 noticia anterior de Ourense-Capital do Termalismo Especiales » Ourense-Capital do Termalismo

EN OURENSE

Luar na Lubre presenta o seu novo disco, a 'banda sonora' da Ribeira Sacra

Fotografía de familia dos participantes no acto de presentación do novo traballo - FOTO: ecg
Fotografía de familia dos participantes no acto de presentación do novo traballo - FOTO: ecg

REDACCIÓN   | 09.05.2018 
A- A+

O grupo folk Luar na Lubre presentou onte o seu novo traballo musical, a "banda sonora" da Ribeira Sacra, unha produción na que colabora a Deputación de Ourense e que foi gravada o outono pasado no mosteiro de San Pedro de Rocas (Esgos), conxugando natureza e etnografía, e incorporando por primeira vez o idioma do afiador, o barallete.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, xunto co líder do grupo, Bieito Romero; o presidente da Coral de Ruada, Samuel Lago, e o músico Félix Castro, presentaron no centro cultural Marcos Valcárcel este traballo e os concertos que ofrecerá o grupo no Teatro Principal de Ourense os 2 e 3 de xuño, e contará coa colaboración de artistas como Víctor Manuel, Brais Maceiras, Irma Macías, Astarot, Félix e Castor Castro Vicente, Marisa Valle Ros, e a Coral de Ruada.

Baltar expresou o seus parabéns a Luar na Lubre afirmando que estes sons e este proxecto "é moito máis que música, porque engloba investigación, innovación e un exquisito respecto polas nosas tradicións e o medio natural dunha das paraxes máis fermosas do mundo: a Ribeira Sacra".