El Correo Gallego

Noticia 2 de 241 noticia anterior de Ourense-Capital do Termalismo Especiales » Ourense-Capital do Termalismo

Manuel Baltar participa na visita ao novo edificio de hospitalización do CHUOU

01.07.2017 
A- A+

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, acompañou esta mañá ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo durante a visita ao novo edificio do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, que estivo guiada polo xerente do EOXI de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, Dionisio López.

Baltar destacou a importancia da "cooperación" entre administracións públicas que deben traballar "para que as políticas sanitarias sexan as mellores posibles". Así, o novo Centro Hospitalario de Ourense converterase "nun dos hospitais de vangarda en España, sendo a obra máis importante da sanidade pública en Ourense".

O presidente do goberno provincial lembrou que a Deputación de Ourense "fixo posible os accesos viarios a unha infraestrutura hospitalaria punteira a nivel internacional".

Na visita tamén estiveron o presidente do parlamento, Miguel Ángel Santalices; o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad; o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña; e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira.