El Correo Gallego

Noticia 11 de 278 noticia anterior de Ourense-Capital do Termalismo Especiales » Ourense-Capital do Termalismo

Manuel Baltar visita en Leiro e Arnoia obras medioambientais, termais e viarias realizadas co apoio da Deputación de Ourense

24.01.2018 
A- A+

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, percorreu hoxe os municipios de Leiro e Arnoia, dentro da rolda que está a realizar polos concellos da provincia de Ourense, para visitar obras dos ámbitos termal, medioambiental e viario, levadas a cabo co apoio da Deputación de Ourense.

No Concello de Leiro, onde foi recibido na Casa Consistorial polo alcalde, Francisco José Fernández, con quen analizou temas en materia de infraestruturas viarias e medioambientais, visitou a senda fluvial do río Avia na que, por medio dun convenio de colaboración entre a Deputación de Ourense, a Confederación Hidrográfica Miño-Sil e o Concello de Leiro, se levou a cabo un proxecto de recuperación dun tramo do camiño peonil da marxe dereita do río Avia.

En Arnoia, Manuel Baltar reuniuse co rexedor local, Rodrigo Aparicio, con que visitou o Val de San Vicente, onde a Deputación de Ourense está a realizar obras de remodelación da senda peonil. Finalmente, o presidente provincial percorreu a zona termal de Arnoia, onde está previsto levar a cabo actuacións de mellora e acondicionamento.