El Correo Gallego

Noticia 5 de 316 noticia anterior de Ourense-Capital do Termalismo Especiales » Ourense-Capital do Termalismo

A Ourensanía vólcase coa recuperación do instituto Padre Feijóo

Decidiuno onte o seu consello, dependente da Deputación, nunha reunión na Casa dos Poetas

Os membros do Consello da Ourensanía, onte na Casa dos Poetas de Celanova - FOTO: DdO
Os membros do Consello da Ourensanía, onte na Casa dos Poetas de Celanova - FOTO: DdO

MARIO ÁLVAREZ. SANTIAGO   | 20.06.2018 
A- A+

O Consello da Ourensanía, órgano de asesoramento cultural promovido pola Deputación de Ourense, acordou onte promover a recuperación do Instituto de Estudos e Cultura Padre Feijóo, unha entidade que xa existira hai décadas, dependente da propia Deputación de Ourense, sendo director da sección de Humanidades Juan Luis Saco, o actual presidente da Fundación Otero Pdrayo.

Baixo a presidencia do titular da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, o Consello da Ourensanía celebrou a súa reunión de hoxe na Casa dos Poetas, en Celanova, xuntanza na que participaron o escritor e director do PEN Galicia, Luis González Tosar; o xestor cultural no Concello de Celanova, Antonio Piñeiro; o profesor e escritor, Miguel Anxo Fernández; o asesor de Cultura da Deputación de Ourense, Aurelio Gómez Villar, e Juan Luis Saco.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt