El Correo Gallego

Noticia 30 de 315 noticia anterior de Ourense-Capital do Termalismo Especiales » Ourense-Capital do Termalismo

O Plan Provincial incorpora obras viarias, de saneamento e urbanismo que suman 500.000 €

REDACCIÓN  | 05.03.2018 
A- A+

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou na reunión celebrada esta mañá a incorporación ao Plan Provincial de obras de infraestruturas viarias, de saneamento e planeamento urbanístico, cuxo importe supera os 500.000 euros. Así o informou a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, quen deu conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao luns 5 de marzo de 2018.

Unha dúas incorporacións ao Plan provincial de Cooperación ás obras e servizos municipais e da rede viaria provincial do exercicio 2018, para os efectos de obter a declaración de utilidade pública corresponde ao Concello de Bande, coa obra denominada "prolongación do acondicionamento das marxes do río Badella ao seu paso polo núcleo de Bande", cun orzamento de 258.977 euros, financiado integramente polo municipio de Bande; e a outra incorporación corresponde ao Concello de Ourense coa obra "mellora da rede de saneamento nos Viros", cun orzamento de 203.344 euros financiado integramente polo concello.

Asemade, aprobouse unha axuda de 25.000 euros para o Concello de Celanova para asesoramento urbanístico. "Esta achega será destinada ao exercicio das competencias municipais en materia de urbanismo, cunha crecente actividade que os actuais servizos do concello non son quen de atender polo seu volume", explicou a deputada de Transparencia e Goberno Aberto.

A Xunta de Goberno aprobou tamén a fixación en 88 euros (IVE incluído) a cota de inscrición para o "Campamento da Ourensanía–Explora Ourense", un campamento de verán para rapaces que se realizará no complexo turístico do Corgo, en Mugueimes, no Concello de Muíños.