El Correo Gallego

Noticia 3 de 300 noticia anterior de Ourense-Capital do Termalismo Especiales » Ourense-Capital do Termalismo

Os V Premios "Estatuto de Autonomía de Galicia" galardoan a 32 escolares ourensáns

A Deputación de Ourense conmemora con este certame "o aniversario da norma institucional básica galega, que regula a nosa convivencia e que tanto nos deu e nos dará no futuro", expresou no acto Manuel Baltar // Ao premio presentáronse 213 traballos de debuxo e redacción escolar, sendo o lema desta edición: "Un territorio coas súas formas tradicionais de convivencia e asentamento".

09.04.2018 
A- A+

32 escolares de centros educativos da provincia de Ourense foron galardoados hoxe cos V Premios "Estatuto de Autonomía de Galicia", o único certame destas características que se convoca en Galicia, organizado a Deputación de Ourense, "para conmemorar o aniversario da norma institucional básica galega, que regula a nosa convivencia e que tanto nos deu e nos dará no futuro", expresou o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, na clausura do acto, celebrado no Centro Cultural "Marcos Valcárcel".

Nesta edición presentáronse un total de 213 traballos de debuxo e redacción escolar, sendo o lema: "Un territorio coas súas formas tradicionais de convivencia e asentamento", resultando premiados alumnos dos colexios: Padre Feijoo-Zorelle, O Pino, Miraflores, Castrelo de Miño, "Eduardo Ávila Bustillo", San José-Josefinas, Sandiás, Divino Maestro-Franciscanas, Sagrado Corazón do Carballiño e Carmelitas-Vedruna.

No acto, no que tamén participaron o subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, e a delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, o presidente do goberno provincial agradeceu a participación dos estudantes e dos colexios e felicitou aos premiados neste certame "co que ano tras ano poñemos en valor o noso Estatuto de Autonomía para Galicia, honrándoo e conmemorando a aprobación desta norma, que nos deu autonomía; un acto que por quinto ano consecutivo celebramos, impulsado pola Deputación de Ourense", afirmou Manuel Baltar, subliñando "a importancia deste acto" e remarcando que "non hai ningún concello ou provincia galega nos que se celebre un evento de reivindicación do noso Texto Básico, no cal aparece a palabra "Ourense", porque Galicia non se entende ser Ourense".

Dos traballos presentados 147 corresponden á modalidade de debuxo ou traballo artístico, de alumnos de Educación Infantil, Primaria e Educación Especial; e 66, á modalidade de redacción, de alumnos de ESO, Bacharelato e ciclo medio de Formación Profesional.

Alumnos premiados

En canto aos premios, na modalidade de debuxo seleccionáronse as 12 mellores obras, que recibiron un diploma e un lote de libros, e na modalidade de redacción resultaron galardoados 20 traballos, premiados cun diploma, un lote de libros e unha viaxe a Santiago de Compostela para visitar o Parlamento de Galicia e realizar outras actividades culturais.

Os alumnos premiados foron: en Educación Especial: Pablo Yáñez Carrasco; en Educación Infantil: María López Conde; en Educación Primaria: Carmen Cabot Pérez, Diego Diéguez González, Diego Florín Pintili, Ana María Freire Rumbao, David González González, Lucas Parada García, Antía Rinero Méndez, Helena Rodríguez Alonso, Saray Rodríguez Carril e Diego Rodríguez Carril. En Ensino Secundario Obrigatorio (ESO): Lucía Nogueiras Vergara, Bruno Ogando Civeira, Candela Vidal López, Isidro Dacoba Conde, Luna de Anta Pérez, Alfonso Nieto Portela, Óscar Rodríguez Pereira, Victoria Salazar Lacruz, Mirian Caíña García, Alicia Alonso Fernández, Silvia Araújo Barreiro, Coral Colomé Rodríguez, María Fernández Rodríguez, Adriana Rodríguez Novo, Álex Roó Fernández, Valeria Zapata de Abreu, Sabela Covelo Gordín, María Crispín Janeiro, Olalla Fernández Quiroga e Cristina Villaverde Alén.

O xurado estivo integrado polo vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, en calidade de presidente; o deputado provincial de Cultura, Manuel Doval, como vicepresidente do xurado; e como vogais: Montserrat Lama, Armando Ojea e Francisco José Fraga. O asesor de Cultura da Deputación, Aurelio Gómez Villar, actuou como secretario do xurado con voz pero sen voto.

O acto contou no apartado musical coa participación do coro do colexio Padre Feijoo-Zorelle de Ourense, acompañado instrumentalmente por violín e gaita, que interpretou para abrir a celebración o Himno Oficial da Provincia de Ourense, "Ourense no solpor", e pechou o acto coa interpretación do Himno Galego.debuxo e redacción escolar, sendo o lema desta edición: "Un territorio coas súas formas tradicionais de convivencia e asentamento".