El Correo Gallego Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
[Noticia 1 de 1] Inicio

sexta edición televisión

Arrinca o Play-Doc en Tui con un documental sobre Lamazares

17.03.2010  Con 9.000 euros en premios, o festival consolidouse nos últimos anos no calendario deste xénero // Dúas importantes retrospectivas ás figuras de Rosenblatt e Depardon // Único concerto en España da banda 'The Spinto Band' // A Galega ofrecerá tamén un amplo resumo do outro encontro, o Girondins- Olympiacos

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

FERNANDO FRANJO • SANTIAGO REDACCIÓN • SANTIAGO

O pintor Antón Lamazares que fará unha exposición no Play-Doc deste ano
O pintor Antón Lamazares que fará unha exposición no Play-Doc deste ano

A sexta edición do festival Play-Doc, que se celebra no concello de Tui arrinca hoxe cun total de 31 filmes documentais, divididos nas catogorías de longametraxes, cortos e traballos feitos en Galicia integrarán o programa desta nova edición. Os filmes documentais participantes foron seleccionados entre os máis de 800 recibidos procedentes dos lugares máis diversos do mundo. O Play-Doc, que repartirá 9.000 euros en premios, consolidouse nos últimos anos no calendario internacional de certames dedicados ao xénero documental de autor e suscita o interese de profesionais e afeccionados de España e Europa.

Na súa sección informativa o festival presentará dúas importantes retrospectivas dedicadas a dous realizadores de recoñecido prestixio internacional, neste caso o francés Raymond Depardon e o norteamericano Jay R­osenblatt. Este último a medio camiño entre o found footage e o experimental, acadou numerosos premios en festivais como Sundance. A retrospectiva de 9 pezas que lle dedica o festival permite coñecer un autor de ollada única, tan conciso como evocador. No caso de Depardon, chega a Tui logo de fundar a comprometida axencia Gamma, terse erixido como un dos máis grandes fotógrafos da Magnum, e contar na súa traxectoria con filmes tan imprescindibles como San Clemente ou Faits divers, que se poderán ver en Tui. O festival ponse en marcha hoxe coa estrea de Horizonte sin dueño, unha cinta na que o pintor lalinense Antón Lamazares fala da orixe dos impulsos creativos. Neste documental inclúense conversacións do artista Lamazares con amigos, familiares e outros artistas. Fiel á súa identidade, o Play-Doc introduce dúas exposicións de pintura e escultura dos artistas galegos Antón lamazares e Manolo Paz e tamén destaca a presenza dos creadores da web francesa La Blogotheque, unha das propostas audiovisuais máis interesantes que se poden atopar na rede. Como actividade paralela destaca a presenza da banda americana The Spinto Band, o sábado na sala Metropol, no que será o seu único concerto en España, unha oferta que se completará co directo ofrecido o día 19 por Batida, unha banda con músicos africanos procedentes de Luanda e Angola, que combinan música tradicional con sons eléctricos.

A clave

Iniciativa encadrada no Xacobeo 2010

·· O festival Play-Doc, que se inicia hoxe rematará o domingo 21, cunha entrega de premios, e encádrase dentro do Xacobeo Filme, un ciclo temático de cine e animación organizado por Xacobeo 2010 que aglutina festivais que se celebran en todo o territorio da nosa comunidade .

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS