Multiusos Fontes do Sar, Santiago de Compostela. 22.00 horas.
Los dos ganadores de una entrada individual para este concierto son: Juan José Ferreiros Devesa y David Riola Pose
Mark Knopfler, o que fora líder dos Dire Straits, estará no Multiusos Fontes do Sar (Santiago de Compostela) o 28 de xullo, co patrocinio de Fundación Caixa Galicia e Xacobeo Galicia 2010, para presentar o seu último traballo “Get Lucky”. O concerto enmárcase dentro da xira que o artista desenvolverá durante os meses de maio, xuño e xullo deste ano, con sesenta concertos en máis de vinte países europeos. As entradas para ver a actuación de Santiago están á venda a un prezo de 48 € (máis gastos de distribución)na web de Caixa Galicia (www.caixagalicia.es), en El Corte Inglés (902 400 222; www.elcorteingles.es; centro comercial El Corte Inglés) e Ticketmaster (902 150 025; www.ticketmaster.es; puntos habituais).
Mark Knopfler regresa a España trala súa última visita o pasado 2008 (onde esgotou entradas en Madrid e Granada), cando presentou “Kill to Get Crimson”. Esta vez, Knopfler amosaranos o seu novo traballo, “Get Lucky” (Universal), un disco gravado nos premiados Estudios British Grove no “West London” e co-producido polos seus asiduos acompañantes Chuck Ainlay e Guy Fletcher. As once cancións do álbum son unha exploración das raíces musicais de toda unha vida, abordadas cunha extraordinaria combinación do folk e o blues coa súa orixinal forma de composición, con ingredientes británicos personalizados e unhas letras froito da observación máis vívida.
Gañador de varios Grammy ao fronte de Dire Straits, vendeu millóns de discos en todo o mundo, colleitou éxitos con temas como "Money Is For Nothing", "Sultans of Swing" ou "Romeo and Juliet", e foi capaz de crear un sonido único que marcou unha parte da historia da música.
Más conciertos en España
Pavelló Olímpic, Badalona
Viernes, 23 de Julio del 2010 22:00 h.
Plaza de Toros, Córdoba
Domingo, 25 de Julio del 2010 22:30 h.
Plaza de Toros Las Ventas, Madrid
Jueves, 29 de Julio del 2010 21:30 h.
Plaza de Toros Vista Alegre, Bilbao
Viernes, 30 de Julio del 2010 22:00 h.
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||