El Correo Gallego Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
[Noticia 1 de 1] Inicio

Toxicosmos

‘Brotes verdes’ no indie-pop español

07.03.2010  Xa queda pouco. Los Planetas e Klaus&Kinski, dúas das fichaxes do Festival do Norte, estarán nas tendas en pouco menos dun mes con novo disco. Son o vivo exemplo de que o indie-pop español vai vento en popa

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

J.EIREOS FOTOS: AXENCIAS

Klaus&Kinski, a última revelación indie nacional
Klaus&Kinski, a última revelación indie nacional

Primavera intensa para o pop español. A comezos de abril saen á venda un par de discos imprescindibles, deses que hai que almacenar no iPod deseguido para non deixar de escoitalos unha e outra vez. Os planetarios están de noraboa porque, despois de tres anos sen estrea discográfica, os granadinos sacan á rúa Una ópera egipcia (Sony, 2010). A banda de Jota sempre se fai rogar. Aínda houbo que agardar medio ano despois daquel primeiro aperitivo que chegaba o outono pasado en forma de EP (Cuatro palos). Na mesma liña que La leyenda del espacio (Sony, 2007), o novo álbum zumega flamenco polos catro costados.
   
Á venda o 13 de abril –segundo a súa discográfica–, recolle 12 temas que amosan o son máis xenuíno de Los Planetas: pop psicodélico e espacial, melodías pegadizas entre labirintos de guitarras e sinfonías de emocionante ruído. Non faltan colaboracións coma a de La Bien Querida (No sé como te atreves e La veleta) ou a de Enrique Morente (Atravesando los montes).
   
Una ópera egipcia non é máis que o nome que os xitanos lle daban ás obras mestras que esgotan os superlativos. Jota escoitou á que se refiere a La Niña de los Peines, pero a expresión ten case 140 anos e foi cuñada cando lle encargaron a Verdi a ópera para a inauguración do Canal de Suez. Haberá que esperar entón ó mes que vén para comprobar se o último traballo dos granadinos merece o título honorífico de ‘obra mestra’.
   
Menos veteranos que os andaluces, os que tamén arrincan a primavera cun novo disco son os murcianos Klaus&Kinski. Tierra, trágalos (Jabalina, 2010) é o segundo álbum dunha das relevacións máis recentes do indie–pop español. O CD composto por 14 temas (15 no vinilo dobre e de cor vermello) estará nas tendas o cinco de abril. Unha vez máis a banda fai gala da súa incorrixible personalidade e do amplo e variado repertorio que os caracteriza: pop, shoegazer, bossa, disco-funk, folk, copla, pasodobre, italo-disco, swing, country… Non falta moito para que cancións como  como Ley y moral, Ya estaba así cuando llegué, Carne de Bakunin,Brilla como una estrella, El Rey del mambo y la Reina de Saba,  Forma sentido y realidad, Eres un sinvergüenza ou Desidilio se unan ós éxitos do seu primeiro traballo (Tu hoguera está ardiendo).
   
Por certo, que moi pronto haberá oportunidade de gozar con ambas as dúas bandas en directo. Comparten cartel no Festival do Norte (Vilagarcía de Arousa) o vindeiro 30 de abril. As entradas xa están á venda nas webs www.servinova.com ewww.ticketmaster.es . 

 


‘Super 8’, obra mestra indiscutible
Á espera de escoitar o resultado de ‘Una ópera egipcia’, polo de agora a auténtica obra mestra dos de Granada é ‘Supér 8’ (RCA, 1994). Sen dúbida é o disco máis representativo da produción da escena española dos anos 90.  Producido por Fino Oyonarte (baixista de Los Enemigos) e apoiado na potente sección rítmica de Erick Jiménez (Lagartija Nick), o son combina a distorsión coas estruturas do pop, logrando
unha música de alta definición.

Regreso ás orixes en toda regra
Outro dos traballos fundamentais na discografía de Los Planetas é ‘Una semana en el motor de un autobús’ (RCA-MBG, 1998), un álbum que supón
unha volta ás orixes do grupo e unha reivindicación do seu espírito guitarreiro. A diferenza daquel ‘Súper 8’, afástase dos temas pegadizos e propón composicións longas e complexas. Producido por Kurt Ralske nunha tormentosa gravación en Nova Iorque, é algo así como o lado escuro da súa primeira aposta.


As ‘fogueiras’ que prenden en Murcia
Más aló do seu irónico significado, o álbum debut de Klaus&Kinski é un disco abraiante e cheo de matices. Tu hoguera está ardiendo capta a atención do oínte de principio a fin a través de 14 cancións que invitan a pasear por diferentes paisaxes sonoras. Recolle gran parte do repertorio dos de Murcia a través das súas maquetas e achega dous temas novos: El Cristo del perdón e Crucifixión, la solución.


 

 

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS