El Correo Gallego Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
[Noticia 609 de 2001] noticia anterior de Música Inicio

PIANISTA E COMPOSITOR DE MARLANGO

Alejandro Pelayo: “Marlango é para nós esa casa na árbore para fuxir”

21.03.2010  Leonor e Alejandro, columna vertebral da banda, son outros desde que son pais e esa “ledicia despreocupada” trasládase ó seu cuarto disco, no que falan “dese lugar físico e tamén imaxinario no que tomas distancia”. Luminosos e máis pop ca nunca, presentan os seus 11 agasallos o día 9 de abril na Coruña

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

MARTA RODRÍGUEZ

Óscar Ybarra, esquerda, Leonor Watling e Alejandro Pelayo coa  súa árbore FOTO: Chus Antón
Óscar Ybarra, esquerda, Leonor Watling e Alejandro Pelayo coa súa árbore
FOTO: Chus Antón

As preguntas grandes e pequenas que se responden soas cando ollas o teu bebé durmindo. Algunhas non se responden porque empezan a dar igual. Por un lado non entendes nada e polo outro todo ten sentido de repente... Así se senten Leonor Watling e Alejandro Pelayo desde que son pais, e este sentimento de "ledicia despreocupada" é o que transmiten no cuarto disco de Marlango, Life in the treehouse (Universal). Os dous compositores, xunto co trompetista Óscar Ybarra, viven un momento doce e iso queda claro nas once cancións solleiras de pop-folk que se distancian (pero non abandonan) o jazz coas que nos agasallan, "que nos saíron así, xorden dunha necesidade moi íntima e moi inmediata", confésanos Pelayo, que ademais de tocar o piano se desdobra tamén como produtor.

Falades da busca da inocencia e construídes unha casa da árbore, que era o soño de todos nós cando eramos nenos... ¿Iso foi o que queriades transmitir co título do disco e as vosas cancións tan doces?

Si, falamos diso, dese lugar físico e tamén do imaxinario, da válvula de escape, do sitio no que te agochas, foxes e tomas distancia respecto da realidade, a présa e o ruído. É como un agochadoiro e o xardín secreto que cadaquén busca na súa vida para illarse do ritmo das cidades....

¿E cal é o voso xardín secreto, se se pode saber?

Pois as nosas cancións (risos), en concreto estes once novos temas, que son a nosa forma de evadirnos e celebrar todas as cousas que nos pasaron e nos pasan, e nese sentido somos coleccionistas e atopamos estas once fotografías que nos gustaría mirar cando sexamos moito máis maiores, con cariño...

Falas de celebrar o que vos pasou. Imaximo que niso conta o de ser pais recentes...

Si, todo suma, claro. Hai cousas que teñen unha contundencia máis definitiva ca outra pero tamén os tres discos anteriores, coas súas xiras e viaxes están por aí pululando...

O teu fillo e mais o de Leonor, Oliver e Luca, son como unha especie de elfos que ata aparecen nunha canción...

Si, teñen que ver en todo, impregnan o que fas do mesmo xeito que impregnan a túa vida no momento que nacen, e non se pode separar...

Este disco é moito máis luminoso e camiña máis cara ó pop. ¿Sorpréndeulle ó público?

Pois si, de momento está tendo moi boa acollida, son as cancións que precisamos nestes momentos, non facemos plans, é o que xorde dunha necesidade persoal moi íntima e moi inmediata. Despois tes que inventar un discurso para presentalo ante a prensa pero nace dunha necesidade moi persoal.

¿Que pensaría Tom Waits (Marlango é o nome dunha canción súa) desta evolución?

Ui... Non teño nin idea (risos)

No disco colaboran Pereza, Jorge Drexler (parella de Leonor) e Rufus Wainwright, que sorprende especialmente. ¿Como establecestes contacto con este "divo"?

Foi moi natural, Leonor tomou un café con el e ensinoulle os nosos temas... e mandounos o que el consideraba que The Answer precisaba, con dous elementos moi delicados como o coro e a liña de piano, e déronlle ó tema unha gran contundencia da que estamos moi orgullosos.

Todos tedes proxectos paralelos, sobre todo Leonor que non para na súa carreira de actriz. ¿Como facedes para xuntarvos e impulsar Marlango?

Pois porque Marlango é esa casa da árbore, é o sitio a onde escapamos para descansar e xogar e todo o resto de cousas que facemos na nosa vida por separado sérvennos e axúdannos.

Dentro desta hiperactividade, neste disco exerces tamén como produtor. ¿Como foi desdobrarse nesta gravación?

Foi sinxelo porque teño a complicidade de todos os demais, non só de Leonor e de Óscar, tamén do resto dos músicos, e foi unha decisión tomada entre todos que alguén ten que coller o temón e déronmo a min.

Agora estades comezando a xira en teatros. ¿Non se entende Marlango en gran formato?

Si, ás veces tocamos en sitios grandes e o que nos gusta é cambiar de escenario, pero no inverno molan máis os teatros (risos), que fóra fai frío...

¿Incluso en festivais?

Ás veces tocamos nalgún e sempre sentimos que somos o convidado estraño e iso gústanos porque temos a oportunidade de non ter que defender ningunha bandeira.

Vides a Galicia a comezos de abril... Chega a pregunta obrigada: ¿que tal na nosa terriña?

Pois moi ben, temos moi boa relación cos galegos e experiencias moi positivas en todas as partes, coñecémolos ben e temos sempre ganas de ir...

Entón, ¿sentídesvos como na casa?

Si, porque máis do 70 por cento de Marlango somos do norte: Óscar vive en Xixón eu son cántabro e son tópicos, pero son verdade, o clima, a comida... unen.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS