El Correo Gallego Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
[Noticia 620 de 2001] noticia anterior de Música Inicio

música

Cristina Branco e Lura levan á Coruña e a Vigo as voces da lusofonía

18.03.2010  A cantante portuguesa presenta este sábado o seu disco 'Kronos' no Teatro Colón // O Teatro García Barbón acolle, o 26 de marzo, a estrea de 'Eclipse', da intérprete caboverdiana

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

FRAN P. LORENZO • SANTIAGO

Son dúas das voces máis singulares e aprezadas do panorama musical da lusofonía: a portuguesa Cristina Branco, que o vindeiro sábado 20 de marzo chega ao Teatro Colón da Coruña, e a caboverdiana Lura, que presentará o seu novo traballo Eclipse o vindeiro 26 de marzo no Centro Cultural Caixanova (Teatro García Barbón) de Vigo. Estilos e sonoridades diferentes para o mesmo magma expresivo do galego-portugués.

Cristina Branco -nun concerto organizado pola Deputación da Coruña para conmemorar o Día da Muller Traballadora-, presentará Kronos, o seu novo traballo discográfico. Kronos, o décimo disco desta fadista de hoxe, ten o tempo como fío condutor. Colaboraron ademais na súa gravación unha decena de compositores portugueses de primeira líña que compuxeron os catorce temas que forman o disco: José Mário Branco, Sérgio Godinho, Amélia Muge, Rui Veloso, Vitorino, Janita Salomé, Maestro Victorino d'Almeida, Mário Laginha, Carlos Bica, João Paulo Esteves da Silva e Ricardo Dias.

Doutra banda, a cantante caboverdiana Lura chega a Vigo o día 26 de marzo, ás 20.30 horas, no marco do ciclo Música Babel, organizado por Caixanova e no que se inclúen as actuacións de Susana Seivane, Martirio ou Win Mertens Ensemble. Gravado en Bruxelas, Lisboa, París, Praia e Nápoles, este é o cuarto rexistro discográfico de Lura, unha das principais renovadoras da música caboverdiana de hoxe.

HOXE

Retirar invitacións

·· As invitacións para o concerto de Cristina Branco no Teatro Colón poden retirarse no despacho de billetes do Colón hoxe xoves, 18 de marzo, de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 20.30 horas. A entrada será libre ata completar aforo .

gallego

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS