El Correo Gallego Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
[Noticia 1744 de 2001] noticia anterior de Música Inicio

A Fundación Caixa Galicia patrocina o concerto do grupo de folk ‘Faltriqueira’ na Illa de Arousa

22.08.2008 

2.3/5 [3 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Mañá, sábado 23 de agosto, ás 22.30 horas, a Praza Regueiro da Illa de Arousa, acollerá o concerto gratuíto do grupo de folk ‘Faltriqueira’. Este recital enmárcase nun ciclo de ciclo de concertos que a formación  galega ofrecerá nas cidades de Baiona, Sanxenxo, a Illa de Arousa, Mondariz, Marín, Porriño e Caldas de Reis, na provincia de Pontevedra.

Despois do concerto da Illa de Arousa, a xira continuará o día 29 de agosto no Parque do Espiñeiro en Portonovo. No mes de setembro, o día 6, ofrecerán un concerto no Parque do Cristo en Porriño e o 27 estarán no Paseo Blanco Solla, en Marín.

A xira pontevedresa de Faltriqueira continuará en outubro, o día 11, no Auditorio do Centro Social de Mondariz e finalizará o 7 de novembro  na Praza das Palmeiras en Caldas de Reis.

O grupo Faltriqueira, formado por catro cantareiras de Pontedeume, encarna a corrente máis fresca do panorama xurdido das fontes da música tradicional.

Fusionando a polifonía coas percusións e os instrumentos acústicos, Faltriqueira son un proxecto vogal que foxe da ríxida tradición e dota de nova vida a cancións recollidas en diversas latitudes.
 

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS