Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

a Negreira

Negreira. Logo de que a edición de 2020 tivese que cancelarse por mor da situación sanitaria, a Asociación Cultural Afonso Eanes celebrará o vindeiro 20 de novembro a VI Xornada do Rural Pousa Antelo. Este evento anual terá lugar no local social de Portor (Negreira), será gratuíto e acollerá seis intervencións de temáticas diversas, todas elas centradas no mundo rural.

A cita dará comezo ás 10.15 cunha breve presentación. A continuación, Jorge Manuel Bouzas Tomé, enxeñeiro de Montes, abrirá a xornada co relatorio Silvicultura de frondosas. Monte demostrativo do Pico Sacro. Logo dunha pausa de media hora para tomar o café, o economista e consultor Marcelino Fernández Mallo presentará Unha estratexia de proximidade para garantir os subministros e o desenvolvemento local, e Carme Varela Rodríguez tratará a problemática dos eólicos na súa charla Eólicos, así non.

Xa na sesión da tarde, Marisol Bravos López presentará A diversidade funcional no rural, e María Pilar Freire Esparís, profesora de Historia Económica na USC, porá o foco no papel da muller no rural coa súa intervención As mulleres rurais en Galicia: a súa contribución á economía.

A edición deste ano rematará ás 18.45, despois da presentación do libro Procurando unha vida digna. Prezo xusto e sustentabilidade nas granxas familiares produtoras de leite en Galiza, a mans da súa autora, a doutora en Antropoloxía Bibiana Martínez Álvarez. Javier SALUTREGUI

16 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.