El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Opinión » Cartas al Director

Lois Fraga Souto Santiago

Aberracións coa lingua

06.01.2011 
A- A+

O TC na súa sentenza 31/2010 (Estatuto de Cataluña), hipostatizando, fabulando, retorce indecentemente o significado do termo "lingua propia" e convérteo en sinónimo de "lingua habitualmente usada" para así inadmitir todo tipo de diferenza entre lingua lexitimamente imposta (propia: galego na Galiza, catalán en Cataluña, castelán en Castela) e lingua ilexitimamente imposta (allea, castelán fóra de Castela).

Como se tratamos exactamente igual a homes (propiedades de home) e a mulleres (propiedades de muller) atendendo ó feito de que ambos son seres humanos (lingua oficial). Tratamos igual os carballos que os paxaros... porque ambos son seres vivos!: a aberración, a irracionalidade xa é constitucional!

O TS acolle esa aberración e estabelece que cando exista normalización (con estes razoamentos é obxectivo inalcanzábel!) da lingua propia o ensino debe ser impartido 50%/50% na lexitimamente imposta e mais na ilexitimamente imposta para que de adultos (pais na súa relación coa Administración educativa) só usen unha delas (segregación ou apartheid), a oficial preferida!

Curiosamente, non estabelecen ningún deles que as linguas españolas distintas do castelán tamén deban ser ilexitimamente impostas fóra dos seus territorios propios respectivos... aplicándolles só ós españois de fóra de Castela a obriga de coñeceren dúas linguas españolas: os de Castela merecen o alivio de aprenderen só a propia do territorio... para que lles quede enerxía para aprenderen algunha estranxeira no canto da segunda española!