El Correo Gallego

Opinión » Cartas al Director

Juan, Manuel, María, Pedro Santiago

Celadores sanitarios

19.05.2010 
A- A+

Somos celadores sanitarios. Levamos moitos anos, algúns máis de vinte, exercendo, e agora que por fín estabamos ás portas de que nos fose recoñecido, acaba de negársenos a categoría de familia sanitaria, a pesar de que no estatuto do mal chamado non sanitario dentro das súas funcións establécese que o celador axudará a lavar os enfermos, colocará cuñas, mobilizará todo tipo de pacientes, suxeitará no caso de punción lumbar, os pacientes axitados; ademais terá que acompañar e vixíar enfermos psiquiátricos; traslado de mostras, sangue, cultivos... ó laboratorio. Todo isto está reflectido por escrito na nómina, onde especifica: celador con atención directa ao paciente.

Os que din que non somos familia sanitaria nos saben do noso esforzo e sufrimento, porque seguen sentados nos seus despachos xogando a hundir la flota; e mentres uns estamos coa auga ó pescozo, eles seguen manténdose a flote, é mirando cara ó seu bandullo. Porque xa se sabe que "o porco de cheo dá co cu no ferrado". E os que están por enriba destes "cerebros privilexiados" acórdanse de nós unicamente para baixarnos o soldo e ameazarnos coa Santa Compaña da privatización, que vén en procesión desde hai anos, pero por mor do atasco nos cruceiros das rotondas non dá chegado ó santuario de Sergas.