Viernes 06.03.2009
Hemeroteca web
|
RSS
Son fillo dunha muller de 88 anos que ingresou nas urxencias do Clínico de Santiago, ás 11:00 h do venres día 12 de marzo, porque non podía respirar ben. Chamamos a unha ambulancia e de seguido a trasladou ao hospital. Alí estivo todo o día a espera dos resultados das probas, ata que ás 22:00 h foi dada de alta.
Miña nai ten problemas para acceder aos turismos, polo que a ambulancia que a foi buscar a súa casa, na rúa da Carballeira de San Lourenzo, a tería que levar de volta. Pero resulta que a partires das 20:00 h, só unha das tres ambulancias que a empresa Casablanca ten estacionadas no hospital traballa nos traslados dos doentes a outros centros da cidade ou aos seus domicilios.
Como resultado da precariedade do servizo de ambulancias no hospital, unha señora de 88 anos, acabada de dar de alta por problemas respiratorios e con mobilidade reducida, tivo que esperar sete horas, ata as 5:00 h, para que a ambulancia a trasladase de volta a súa casa, a menos de dous km.
Escribo esta carta por dous motivos. O primeiro, é manifestar a miña indignación, como familiar, e a miña vergoña como galego, ao comprobar os niveis de degradación aos que se somete aos doentes no Hospital Clínico de Santiago, non pola vontade do persoal senón pola falla absoluta de medios materiais. O segundo é para que, na medida das miñas posibilidades, a cidadanía coñeza esta historia e saiba dos insuficientes servizos do Hospital Clínico de Santiago.

Vómitos en el casco viejo santiagués
Fuente que no mana en Compostela
El río Sarela recibe vertidos blancos
Un cajero compostelano pintarrajeado