Viernes 06.03.2009
Hemeroteca web
|
RSS
Considero unha falta de respecto total que o colexio de Calo volva por terceiro ano consecutivo a votar a xornada única. Os pais xa falamos e dixemos, mediante votación, que non a queremos. Seguirán así ata conseguilo ¿non? Claro... como ¡é fundamental para mellorar a ensinanza dos nenos! Ante este argumento, non me queda outra que aceptar a súa implantación, que dou por feita. Non me daba conta que grazas a ateigar horarios os novos fillos saberán máis, serán máis listos e pola tarde terán máis tempo para xogar a Play.
O que debería haber é máis horas de clase (como fan os cataláns, por exemplo) porque estamos sentando as bases do futuro dos nosos rapaces e na vida que lles tocará só poderán ir para arriba os mellor preparados. Sen esquecer a falta de tempo para relacionarse cos seus. Pregúntelles ¿con quen prefiren estar, cos seus amigos ou con vostedes? Ah!, sempre quedan as actividades para quen as poida pagar, por suposto. Pois nada, adiante coa xornada única, que así nos vai nos colexios públicos cheos de funcionarios. É penoso que nos deixemos convencer por quen só pensa nas súas reivindicacións laborais sen ter en conta que teñen nas súas mans toda unha xeración de persoas.

Vómitos en el casco viejo santiagués
Fuente que no mana en Compostela
El río Sarela recibe vertidos blancos
Un cajero compostelano pintarrajeado