El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Opinión » Cartas al Director

Cheíño Arteixo

Conciencia individual

03.03.2016 
A- A+

Non vou pór en dúbida que non haxa políticos decentes de seu, porén, hainos e hainas que cando entran a formar parte dun determinado colectivo de poder nun partido político, quizais para sentirse identificados no grupo, tan só queiran parecerse a todos os demais e, se estes cometen algunha acción censurábel, eles xustifícannas ou, aínda peor, acaban por cometelas tamén. 

Neste país chamado España non hai costume democrática de dimitir. Por desgraza, abondan esa clase de políticos que non queren admitir a súa responsabilidade sobre os actos reprobables que os sinalan. O seu inconsciente recorre a razóns para xustificarse a sí mesmos como sexa e, por suposto, nin se lles pasa pola cabeza pensar que a peor das razóns son as que están baseadas no testimuño dun mesmo. 

A sabiduría recomenda aprender dos propios erros, porén, estes personaxes non son quen de aprenderen dos seus erros porque nin tan sequera son capaces de admitir que se equivocaron. 

En fin, carecen de conciencia social e asemade de conciencia individual, esa mesma que din que nos diferenza dos animais.