Viernes 06.03.2009
Hemeroteca web
|
RSS
O pasado sábado día 20, co gaio do Fórum Gastronómico de Santiago, celebrouse na praza de Abastos da mesma localidade o segundo consurso de pulpeiras de Galicia. Dun total de 12 consursantes so acudiron nove, igual est@s tres últim@s xa presaxiaban o "tongo" desa fría e choivosa mañán. Nas bases do concurso figuraban os instrumentos necesarios para a preparación do cefalópodo, así como a hora de comezo e final do evento; a figura dun xurado composto por "cociñeiros, gastrónomos e persoas do mundo da cultura de Galicia..." e a contía dos premios ós tres primeiros clasificados. Pero de todo isto, o único que se asemella a realidade e o dos tres premios, que está por ver si os cobran. O xurado estaba composto entre outros por xerentes de empresas oleícolas, persoal da praza de abastos, o director do Fórum ... vamos!!! xente que coñece ben o pulpo.
O que nun principio ía ser unha cata a cegas, donde se valorarían aspectos como o corte, o aliño e o punto de cochura, finalmente transformouse nun tv show, que máis recordaba as romerías dos maiores na época fraguista, que a o concurso propio dun recoñecido fórum gastronómico, so faltaban os Tonechos.
O intento coa numeración descoñecida de cada prato era bo, se non fora porque o presentador radiaba de onde procedía cada prato deste exquisito manxar. Entre os gañadores, a nai do campión galego de Mâitres, que tivo o detalle de maridar o prato de pulpo de súa nai cun viño que el consideraba adecuado (pena que non levara as rosquillas para o postre), e familiares dun membro do xurado, cunha decisión de peso.

Vómitos en el casco viejo santiagués
Fuente que no mana en Compostela
El río Sarela recibe vertidos blancos
Un cajero compostelano pintarrajeado