Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Viernes 06.03.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Opinión » Cartas al Director

José Bernárdez . Touro

Cultura e política

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

5.0/5 [2 Voto/s]

1
Comparte en Tuenti

Son un veciño de Touro, que estiven no festival Folk In Río que os rapaces do grupo de gaitas organizaron o sábado 27 de xuño. A verdade é que a miña familia mais eu gozamos como hai moitos anos que non o facemos xa que foi u­nha festa das que obrigatoriamente deberían existir en cada Concello, na que os veciños van comer a unha carballeira e desfrutan das festas tal e como as coñecín sendo un neno, con aqueles xogos tradicionais, artesáns e sobre todo a música galega, é dicir, iso foi a exaltación dunha cultura que non se debería perder en Galicia.

Pero comentando coa xente o ben que estaba todo organizado, ó día seguinte decátome de que uns veciños non acudiron por pensar que esa festa era organizada por un partido político non afín ó alcalde, polo que este se negou a axudar na celebración desta festa tan bonita, e non contento con isto, limitábase a dicir que a festa era dun partido político e que detrás da organización estaban esas siglas partidarias. Dende o meu punto de vista é moi triste pensar que naquela festa o único que houbo foi moita diversión e unha tarde estupenda cos veciños, e polo que eu vin, alí non se me despreciou como votante do PP (non sei se o sabían), pero creo que o señor alcalde e os veciños que como el pensaban están moi equivocados co fin da festa do sábado. Agora o que teño eu é unha dúbida: ¿non será que no Concello, que presume todos os anos de non dar gastado os cartos dos que dispón e rematar os exercicios con superávit, non lle gusta que se organice algo sen eles manexar os fíos?, ¿ou por que a persoa que debería organizar estas festas só se dedica a pasar unhas poucas horas no concello e a cobrar por facer un programa de actividades en horario escolar? A min que me expliquen estas cousas e, por favor, señor alcalde de Touro, non mestura a cultura coa política, que nesta vida hai cousas máis importantes que manter o posto dos que levades 20 anos gobernando.

Como veciño vou comprobar se estes datos son correctos, pero creo que acabas de perder os votos dunha familia de Touro. ¡¡ U­nha pena mesturar o touciño coa velocidade!!

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS