Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google
El Correo Gallego

Domingo 12.02.2012  | Actualizado 00.00      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Opinión » Cartas al Director

Paulo Fontán . Pontevedra

CARTAS AL DIRECTOR

Discriminación

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

2.0/5 [1 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti

Hai uns poucos días que abriu as súas portas o Burguer King situado na praza de Curros Enríquez, despois de certas dificultades para conseguir a licenza de apertura. Polo visto, agora conta con esa licenza municipal do que se desprende que cumpre toda a normativa de aplicación para establecementos das súas características. Neste sentido, desde Amizade discrepamos en que cumpra diversas normas de accesibilidade e igualdade de oportunidades polo que estudiaremos a posibilidade de denunciar o outorgamento da citada licenza. O que si está claro é que incumpre a Convención da ONU sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, ratificada polo parlamento español no mes de abril de 2008. Esta convención promulga como os seus principios, entre outros, a accesibilidade e a non discriminación e establece no seu artigo 9 o mandato para que "os Estados partes adopten medidas pertinentes a asegurar o acceso ás persoas con discapacidade, en igualdade de condicións coas demais, ao contorno físico, ..., e a outros servizos e instalacións abertas ao público e de uso público...". E incumpre esta norma porque na porta de acceso conta cun chanzo de 10 cm que impide que persoas con mobilidade reducida (en especial, usuarios/as de cadeiras de rodas) poidan entrar lo local e facer uso dos servizos que oferta, coartando así a súa liberdade e a súa igualdade de oportunidades.

Pero máis aló de cumprir ou non a normativa, e máis aló de se a responsabilidade é do lexislador, do Concello, ou do titular do establecemento, o que está claro é que as persoas con mobilidade reducida estamos fartos de que se continúe permitindo que exista unha discriminación silenciosa, que case ninguén parece percibir pero que nos limita as posibilidades de normalizar a nosa vida persoal e social. Non pretendemos que se criminalice ao establecemento en si, que neste caso se trata dunha amburguesería, senón de poñer enriba da mesa unha realidade existente no ano 2009, para que a sociedade en xeral sexa consciente dela e exerza tamén a súa responsabilidade como motor de cambio e forzar así a que, dunha vez por todas, non se volvan a abrir locais que discriminen a unha parte da poboación.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS