Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Lunes 08.03.2010      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Opinión » Cartas al Director

Ramón C.L. . Ourense

O enigma do éuscaro

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

2.9/5 [39 Voto/s]

9
Comparte en Tuenti

A orixe do éuscaro é un enigma, dende o punto de vista lingüístico e histórico. Nin ten orixe indoeuropea, nin ten características comúns con ninguna outra lingua e, aínda hoxe en día, descoñécense as súas raíces. Algúns pensan que se trata da única lingua preindoeuropea mediterránea supervivente. Outros identifícana coa lingua ibérica.

Outros intentaron buscarlle simulitude co bérber. Porén tamén hai quen defende a súa orixe caucásica, emparentándoo co xeorxiano. Hai estudosos que, analizando sobre todo a toponimia, aseguran que se estendía dende o Golfo de Bizkaia ata o noroeste catalán e que foi retrocedendo paulatinamente ata a situación actual. Non é retórica dicir que o éuscaro é patrimonio fundamental do pobo vasco.

As primeiras palabras escritas en éuscaro son as atopadas nas estelas funerarias vascoaquitanas e pirenaicas do século I da época romana, nas que aparecen o que poden ser nomes de deuses e deusas: sembe, anderex, cison, nescato, cun significado asociado a: "fillo", "señora", "home" e "rapariga". As zonas máis romanizadas foron as do sur de Navarra e Álava, porén a colonización romana foi moi escasa ou nula en Bizkaia e Gipuzkoa. As dúas linguas conviviron durante séculos e o latín deixou a súa influencia no éuscaro. Na Idade Media uns monxes fixeron unhas anotacións a un manuscrito do s. X: guec ajutuezdugu: "nosoturos non temos axuda" e jzioqui dugu: "ascendemos" (evidentemente non se trata dun texto equiparable ao noso Foro do bo Burgo de Castro Caldelas de 1228).

No s. XVII un estudoso fixo a primeira gramática e distinguiu catro dialectos vascos: o de Iparralde, Navarra, Bizkaia e o de Guipuzkoa e Álava. A finais do s. XIX e principios do XX prodúcese tamén un rexurdimento cultural, promovéndose a unificación do éuscaro e fundándose en 1918 a Academia da Lingua Vasca. Na segunda metade do século XX unifícase o idioma, creándose a súa versión estándar, chamada éuscaro batua. 850.000 persoas falan o éscaro normalmente e 515.00o enténdeno e fálano con dificultade.

Ao igual que nos pasa a nós coas medidas esbozadas polo PP en contra do galego, alí o bipartito vencedor das eleccións tamén esbozou unhas medidas hostís ao éscuaro. Un mal exemplo está en Navarra, onde o idioma leva décadas retrocedendo e retrocede cada vez máis. ¿Resentirase o éuscaro (e o galego) ante estas políticas lingüísticas, que establecen o suposto dereito -prácticamente a descoñecer o idioma autóctono? ¿Supervivencia cultural ou asimilación?

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS