El Correo Gallego

Opinión » Cartas al Director

cheíño Arteixo

Ensaio de máscaras

10.03.2016 
A- A+

A falta de entendemento para chegar a formar goberno entre os dirixentes políticos debería pornos en alerta, xa que amosaron escasa educación democrática para pactar e tratar de cumprir os mandatos da cidadanía. 

Esta paisaxe que nos deixan ten o trazo de novas eleccións. Porén, por mor das dúbidas creadas sobre a moralidade dos partidos, só o diaño sabe coma quedarán expresadas no futuro as desilusionadas vontades. 

Confío en que estes ensaios de investidura non causen nos votantes o esquecemento e lembren, chegado o momento, que algúns só estiveron improvisando ao fío dos acontecementos e que cada un deles sacou a máscara, amosándonos que o que prima máis é a súa convenencia partidista. 

Ademais de non aprender a dimitir, non saben facer política de pactos. Nin ninguén lles ensinou que transixir non é perder. 

Padecen de pedantismo, e son tan arrogantes, que só enaltecen as ideas dun contrario cando ven nel unha vía que os conduce a si mesmos. Cabe esperar que cando queiran escusarse ante nós, por repetir as eleccións, faranno con tanta habilidade que nos convencerán de que a culpa é nosa. E pode que teñan razón. 

En fin, non vou caer no desalento. Máis se perdeu en Cuba e volveron cantando.