Martes 17.06.2008
Hemeroteca web
|
RSS
Adoito falar galego sempre e dende sempre, sempre e cando vexa que me entenden. E non me importa que me falen en castelán, pois entendo perfectamente. Non falo galego, para que se me note que son galego, aínda que falase en castelán, tamén se me notaría.
Moitos coñecidos meus, que son castelanfalantes, confésanme que só falan galego comigo, incluso unha madrileña di "éche o que hai" mellor ca ninguén, e un cordobés fálame en galego con acento andaluz. Despois das eleccións díxenlle a cada un deles "xa non tes que falar en galego comigo, pois o decreto do galego vano abolir" e contestáronme mais ou menos igual: "fáloche en galego por ti, non polo decreto".
O outro día lín unha entrevista que lle fixeron ao Sr. Núñez Feijóo, e chamáronme a atención dúas preguntas e dúas respostas. Preguntáronlle se era do Deportivo ou do Celta, e contestou "a un niño no se le pregunta a quién quiere más, a papá o a mamá". Aznar é do Real Madrid e Zapatero e do Barcelona, se é de algún deses equipos non pasa nada, móllese Sr. Feijóo, non vai perder votos, as eleccións xa as gañou.
A outra pregunta era se adoitaba falar en galego ou en castelán. Contestou: "Si se dirijen a mí en gallego hablo en gallego, si se dirijen a mí en castellano hablo en castellano". Pero non dixo, que é o que fala cando se dirixe el. Móllese Sr. Feijóo, non vai perder votos, as eleccións xa as gañou. No buscador Google, se escribimos fabricado en Galicia e lle damos ao botón para traducir ao galego, pon made in Galicia e se escribimos feito en Galicia e lle damos ao botón para traducir ao castelán, pon fabricado en Brasil.
O galego está en perigo, hai que fomentalo, hai que defendelo e hai que falalo. É a nosa máis grande seña de identidade. Presumamos de selo e de falalo. Pechemos o paraugas. Mollámonos, pois non van mexar sempre por nós.

¿Deixádeme ser libre? Sí, pero...
Mensaje a los cabestros: "Así, no"
Pintada ‘sobre mojado’ en Compostela
Ensucian la imagen de un lugar turístico